Saltar ao contido

Two-Face

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Two-Face
 Tipo personaxe
Obra
 Universo ficticio
 Creador/a
Biografía
 Sexo
 Linguas faladas
Actividade
 Inimigo/a
 Ocupación
 Cargo ocupado
 Residencia
 Membro de
Familia
 Cónxuxe
 Fillo/a
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Two-Face (Harvey Dent) é un personaxe ficticio e supervilán da serie de banda deseñada Batman, publicada por DC Comics, na cal é o adversario de Batman. A personaxe foi creada por Bob Kane e Bill Finger e apareceu por vez primeira en Detective Comics #66 (agosto de 1942).[1] Anteriormente foi Harvey Dent, fiscal de distrito de Gotham City e un aliado de Batman. Porén, converteuse nun sociópata cando a metade esquerda da súa cara foi desfigurada con ácido durante un xuízo; dende entón decide entre o ben e o mal guindando unha moeda ó aire. Orixinalmente, Two-Face era un simple vilán cuxa característica era cometer crimes baseados no número dous, como roubar o Segundo Banco Nacional de Gotham City ás 2:00 do 2 de febreiro. Nos últimos anos, autores como Frank Miller ou Andrew Helfer describírono como unha persoa cunha desorde de personalidade múltiple e profundos traumas infantís, e que a súa desfiguración física só disparou a súa psicopatía.

Popularizouse en Batman: The Animated Series, a serie animada dos anos 90 e foi interpretado por Billy Dee Williams no filme de 1989 Batman. Tamén apareceu en Batman Forever interpretado por Tommy Lee Jones e en O cabaleiro escuro interpretado polo actor Aaron Eckhart.

  1. Detective Comics #66 (August 1942)