Tux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tux, a mascota de Linux.

Tux é o nome da mascota oficial de Linux. É un pequeno pingüín de aspecto cómico, creado por Larry Ewing no 1996. A idea de que a mascota do kernel Linux fora un pingüín provén do mesmo Linus Torvalds, creador do kernel Linux. Segundo se conta, cando era neno picouno un pingüín; ademais dende pequeno amosou unha gran simpatía por estes animais. Non ten un significado en específico.

Orixe[editar | editar a fonte]

A versión de Tux do sistema Slackware.

Existen dúas versións sobre a orixe do seu nome. A primeira suxire que o nome provén do feito de que os pingüíns semellan vestir un esmoquin (que en inglés é tuxedo, abreviado tux). A segunda é que as letras que compoñen Tux provén das palabras Torvalds Unix.

Tux foi deseñado durante un concurso para elixir un logotipo para Linux. As ferramentas utilizadas para a súa creación foron, por suposto, un computador co sistema operativo con kernel Linux e o software libre de manipulación de imaxes GIMP. Algunhas das imaxes enviadas atópanse aínda dispoñibles na web do concurso.1

Tódalas distribucións de Linux teñen unha versión de Tux, tales como Ubuntu, Debian, Fedora e Slackware entre outros.

Uso[editar | editar a fonte]

O logotipo pódese usar e modificar sen restricións, sempre que se recoñeza a autoría de Larry Ewing, tal e como se indica na súa páxina.

Tux volveuse unha icona para as comunidades de Linux e de software libre; un grupo de linuxeros británico incluso adoptou un pingüín no zoolóxico de Brístol. É moito máis famoso que o seu gran amigo, GNU, un ñu pacífico e algo tímido que representa o proxecto GNU e ó seu sistema operativo.

Versións[editar | editar a fonte]

Segundo o contexto pode cambiar de aparencia; por exemplo, representando ó algoritmo de seguridade PaX, ten un casco, un machado, un escudo e os ollos vermellos. Tux é o protagonista de varios xogos para Linux. Tamén aparece como personaxe na tira cómica User Friendly.

Nalgunhas distribucións de Linux, Tux saúda ó usuario durante o inicio; os sistemas con múltiples procesadores amosan tantos Tuxes como núcleos dispoña o sistema. Algúns consideran a Beastie, a mascota de BSD, como o peor inimigo de Tux.

Amor (amusing misuse of system resources, algo así coma "divertido desperdicio de recursos do sistema") é un alegre Tux que camiña polas xanelas do escritorio e algunhas veces taládra-as ou marcha voando cunha hélice, ademais de dar consellos e axuda sobre o sistema operativo e os programas.

Notas[editar | editar a fonte]

1. Linux Logo Competition