True Detective

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

True Detective
Creado porNic Pizzolatto
Escrito porNic Pizzolatto
Scott Lasser (tempada 2)
Intérpretes
País de orixe Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios24
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Luisiana (tempada 1)
California (tempada 2)
Duración54–87 minutes
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Primeira emisión12 de xaneiro de 2014
Ligazóns externas
Páxina web

True Detective é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Nic Pizzolatto. A serie, emitida pola canle HBO nos Estados Unidos, estreouse o 12 de xaneiro de 2014. Cada unha das tempadas estrutúrase nunha narrativa propia separada das outras, con novos actores, personaxes e escenarios.

A primeira tempada protagonizada por Matthew McConaughey, Woody Harrelson, Michelle Monaghan, Michael Potts e Tory Kittles, ten lugar en Luisiana e segue a historia de dous detectives de homicidios na súa investigación sobre un asasino en serie durante un período de 17 anos. A segunda tempada, protagonizada por Colin Farrell, Rachel McAdams, Taylor Kitsch, Kelly Reilly e Vince Vaughn,[1][2] está ambientada en California, e céntrase en tres detectives de distintos departamenteos e un criminal metido ós negocios na súa investigación dunha serie de crimes que semellan estar ligados ó asasinato dun político corrupto.

A primeira tempada obtivo críticas positivas e tivo altos índices de audiencia, recibindo varios premios e nomeamentos. A segunda tempada tivo unha crítica máis dividida, malia que mantivo os áltos índices de audiencia.

Unha terceira tempada aprobouse en agosto de 2017, con Mahershala Ali como protagonista e Pizzolatto e Jeremy Saulnier como directores, e Pizzolatto como guionista xunto a David Milch.

Episodios[editar | editar a fonte]

TempadaEpisodiosEmisión orixinalAudiencia media
(millóns)
Primeiro episodioÚltimo episodio
1812 de xaneiro de 20149 de marzo de 20142,33[3]
2821 de xuño de 20159 de agosto de 20152,61[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. Ausiello, Michael (9 de abril de 2015). "True Detective Season 2 Trailer Is Here!". TVLine. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  2. Kim, Monica (17 de xuño de 2015). "Meet the Troubled Cast of True Detective’s Season 2". Vogue. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  3. "True Detective: Season One Ratings". TV Series Finale. de marzo de 12, 2014. Consultado o de decembro de 2, 2014. 
  4. Kissell, Rick (11 de agosto de 2015). "‘True Detective’ Ratings Surge in Finale, But Down 22% From Last Year". Variety. Consultado o 11 de agosto de 2015. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.