Troponina I tipo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troponina I tipo 1 (músculo esquelético, lenta)
Identificadores
Símbolo TNNI1
Entrez 7135
HUGO 11945
OMIM

191042

RefSeq NM_003281
UniProt Q96DT9
Outros datos
Locus Cr. 1 q31.3

A troponina I, músculo esquelético lento ou troponina I tipo 1 (TNNI1) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TNNI1.[1][2][3] É unha das tres isoformas da troponina I; as outras dúas son TNNI2 e TNNI3. Esta isoforma exprésase nos músculos esqueléticos de contracción lenta nos adultos. Únese á actina dos filamentos finos musculares mantendo inhibida a contracción muscular (cando o calcio se une á troponina C esta inhibición desaparece). A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, I e T.

O seu xene ten 12,5 kb, contén 9 exóns e o seu promotor carece das secuencias típicas TATA ou CCAAT. O promotor está regulado por un amplificador (enhancer) específico do tecido muscular.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wade R, Eddy R, Shows TB, Kedes L (Aug 1990). "cDNA sequence, tissue-specific expression, and chromosomal mapping of the human slow-twitch skeletal muscle isoform of troponin I". Genomics 7 (3): 346–57. PMID 2365354. doi:10.1016/0888-7543(90)90168-T. 
  2. 2,0 2,1 Corin SJ, Juhasz O, Zhu L, Conley P, Kedes L, Wade R (May 1994). "Structure and expression of the human slow twitch skeletal muscle troponin I gene". J Biol Chem 269 (14): 10651–9. PMID 8144655. 
  3. "Entrez Gene: TNNI1 troponin I type 1 (skeletal, slow)". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]