Tropical Rainfall Measuring Mission

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tropical Rainfall Measuring Mission / TRMM
TRMM SATELLITE.blurred.medium.jpg
TRMM
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA, NASDA
Data de lanzamento27 de novembro de 1997, 21:27 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-II[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da choiva tropical.[3][6]
Decaemento16 de xuño de 2015[1]
NSSDC ID1997-074A
Masa2394 kg[3]
Potencia1100 W[6]

Tropical Rainfall Measuring Mission, máis coñecido polo seu acrónimo TRMM, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da NASDA xaponesa lanzado nun foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima o 27 de novembro de 1997.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de TRMM foi estudar as precipitacións das zonas tropicais e subtropicais, un dos factores máis importantes e menos coñecido do sistema climático terrestre debido ao calor latente que libera.[3][5][6]

A nave estabilizábase nos tres eixos e dispoñía de dous paneis solares que lle proporcionaban ata 1100 vatios de potencia. Levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Clouds and the Earth's Radiant Energy System (CERES): un radiómetro pasivo de banda ancha con tres bandas espectrais (do visible ao infravermello) para medir o balance enerxético da Terra e a radiación da atmosfera desde a parte superior ata a superficie.
  • Lightning Imaging Sensor (LIS): telescopio óptico con sistema de filtrado para estudar a distribución e variabilidade dos relampos, tanto os producidos entre as nubes como entre as nubes e o solo.
  • Precipitation Radar (PR): o primeiro radar para detección de chuvia enviado ao espazo. Era capaz de obter datos da estrutura tridimensional da chuvia, medir a súa cantidade e foi usado para mellorar a preción do instrumento TMI.
  • TRMM Microwave Imager(TMI): radiómetro microondas multicanal para obter datos da chuvia sobre os océanos. Xunto co PR obtivo o conxunto de datos máis importantes da misión.
  • Visible Infrared Scanner (VIRS): radiómetro pasivo para medir a irradiancia en cinco bandas espectrais, do visible ao infravermello.

As operacións con TRMM cesaron o 8 de abril de 2015, tras esgotar o satélite todo o seu propelente. Reentrou na atmosfera o 16 de xuño dese mesmo ano.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TRMM" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 2. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "TRMM" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "TRMM" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "TRMM" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "TRMM" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]