Saltar ao contido

Trompeta amarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trompeta amarela
 Nome taxon
    Craterellus lutescens
 Nome curto
    C. lutescens (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
Características
 Cor da espora
Clasificación taxonómica
 SuperreinoHolomycota
 ReinoFungi
 FiloBasidiomycota
 ClaseAgaricomycetes
 OrdeCantharellales
 FamiliaHydnaceae
 XéneroCraterellus
 EspecieCraterellus lutescens Editar o valor en Wikidata
Fr., 1838 Craterellus lutescens Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04ljyg7 Editar o valor en Wikidata
OTT738473 Editar o valor en Wikidata
CoLZ8SW Editar o valor en Wikidata
EOL11524954 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Trompeta amarela (Craterellus lutescens[1], anteriormente Cantharellus lutescens, do latín Cantharellus diminutivo do grego kántharos: copa; do latín lutescens: que se volve amarelo, outros nomes son Cantharellus xanthopus ou Cantharellus aurora[2]), é un cogomelo que vive nos bosques de piñeiros, principalmente nos de piñeiro rubio, e é bo comestible. Medran formando grandes colonias nos musgos sombríos polo cal son moi doados de atopar. Tamén se coñecen co nome común de gulas do monte.

De chapeu moreno agrisado, nun principio convexo-umbilicado e despois embutiforme, de 3 a 6 cm de diámetro e marxe moi ondulada. A cara inferior, que é dunha bela cor laranxa suave, primeiro lisa e despois veada, sen láminas definidas, únese sen solución de continuidade co pé, da mesma cor.

A carne, que é elástica, sécase de forma doada e desprende entón un perfume intenso, de caldo de carne. Se se deixa secar de todo despois pode moerse. Tamén se pode conservar fervéndoa e despois gardándoa no conxelador.

  1. ↑ Index Fungorum. "Craterellus lutescens". Consultado o 15 de outubro de 2010.
  2. ↑ Mushroomexpert.com. "Craterellus aurora". Consultado o 15 de outubro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]