Trofeo Joan Gamper 2021
Trofeo Joan Gamper 2021
LVI Trofeo Joan Gamper | ||
![]() Entrada ao Estadio Johan Cruyff | ||
Detalles do torneo | ||
Organizador | ![]() | |
Datas | 8 de agosto de 2021 | |
Equipos | 2 | |
Sedes | Estadio Johan Cruyff | |
Resultado | ||
Campión | ![]() | |
Subcampión | ![]() | |
Terceiro | {{{terceiro}}} | |
Cuarto | {{{cuarto}}} | |
Semifinalistas | ||
Estatísticas | ||
Partidos | 1 | |
Goles | 3 | |
Asistencia | 2.942 espectadores | |
Goleador | ![]() | |
Mellor xogador | ![]() | |
Mellor promesa | ||
Mellor xogador novo | ||
Mellor porteiro | ||
Xogo limpo | ||
O Trofeo Joan Gamper 2021 foi a quincuaxésima sexta edición do torneo amigable. O encontro disputouse o 8 de agosto de 2021 no Estadio Johan Cruyff. Nesta ocasión o F. C. Barcelona enfrontouse á Juventus F. C., sendo esta a segunda participación dos italianos no trofeo.[2]
Adicionalmente, o primeiro equipo do fútbol feminino disputou un encontro ante a Juventus Women na previa ao partido principal, sendo a primeira edición do Trofeo Joan Gamper Feminino e a segunda vez na historia do club que o equipo feminino xoga un encontro no Camp Nou.[3][4] Debido ás condicións sanitarias derivadas da pandemia de COVID-19, só se permitiu a entrada a un 20% da capacidade total do estadio para ambos os dous encontros.[5]
Malia o anuncio, o 29 de xullo a Generalitat de Cataluña informou que os eventos deportivos en Barcelona non podían superar as 3.000 persoas debido á quinta onda de COVID-19 que estaba a azoutar a cidade.[6] Debido a estes motivos, houbo un cambio de planes e a xunta azulgrana decidiu que o novo escenario do torneo sería o novo campo deportivo do equipo feminino, o Estadio Johan Cruyff, que acolleu por primeira vez o evento.[7][8]
Partido[editar | editar a fonte]
![]() |
3 - 0 | ![]() |
8 de agosto de 2021, 21:30 (CET) – Estadio Johan Cruyff, Sant Joan Despí Asistencia: 2.942 espectadores Árbitro: ![]() |
M. Depay ![]() Braithwaite ![]() Riqui Puig ![]() |
Informe |
||
|
|
Xogador do partido:
|
Campión F. C. Barcelona 44.º título |
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Estatística | F.C. Barcelona | Juventus F.C. |
---|---|---|
Goles marcados | 3 | 0 |
Tiros totales | 13 | 13 |
Tiros a porta | 6 | 6 |
Paradas | 5 | 1 |
Posesión | 69% | 31% |
Número de córners | 3 | 6 |
Balóns recuperados | 27 | 22 |
Balóns perdidos | 46 | 44 |
Penaltis | 0 | 0 |
Faltas cometidas | 14 | 11 |
Fóras de xogo | 3 | 3 |
Cartóns amarelos | 2 | 1 |
Cartóns vermellos | 0 | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entre os tres goleadores do partido, Depay rompe a igualada ao ter dado tamén unha asistencia de gol a Martin Braithwaite.
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ "Neto, premio Estrella a mejor jugador del Gamper" (en castelán).
- ↑ "El Trofeo Joan Gamper será contra la Juventus". fcbarcelona.es (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "El Barça estrenará el Gamper femenino" (en castelán). Mundo Deportivo. 1 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "El Gamper perfecto con dos partidos en una tarde" (en castelán). Mundo Deportivo. 11 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "El Trofeo Joan Gamper se jugará con un 20% del aforo del público del Camp Nou". fcbarcelona.es (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "El Gamper se jugará en el Estadi Johan Cruyff". mundodeportivo.com (en castelán). Mundo Deportivo. 29 de xullo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "El Barça jugará el Trofeo Joan Gamper en el Estadio Johan Cruyff el 8 de agosto". fcbarcelona.es (en castelán). 29 de xullo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "El Gamper, en el Estadi Johan Cruyff y con 3.000 espectadores". sport.es (en castelán). Sport. 29 de xullo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Trofeo Joan Gamper 2020 |
Trofeo Joan Gamper LVI edición |
Sucesor: Trofeo Joan Gamper 2022 |