Wojciech Szczęsny
Wojciech Szczęsny | |||
---|---|---|---|
![]() Szczęsny en 2011 | |||
Información persoal | |||
Nome | Wojciech Tomasz Szczęsny | ||
Nacemento | 18 de abril de 1990 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Varsovia | ||
Altura | 1,95 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Roma | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2005 | Agrykola Warsaw | ||
2005–2006 | Legia Warszawa | ||
2006–2009 | Arsenal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009– | Arsenal | 132 | (0) |
2009–2010 | → Brentford (cedido) | 28 | (0) |
2015– | → Roma (cedido) | 38 | (0) |
Selección nacional | |||
2007–2010 | Polonia sub-20 | 4 | (0) |
2009– | Polonia sub-21 | 7 | (0) |
2009– | Polonia | 27 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de setembro de 2016. Selección: actualizado a 12 de xuño de 2016.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Wojciech Tomasz Szczęsny, nado o 18 de abril de 1990 en Varsovia, é un futbolista polaco. Xoga de porteiro e o seu club actual é o AS Roma. Ademais, é internacional na selección de Polonia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
En 2006, Szczęsny chegou á canteira do Arsenal FC, ascendendo ao equipo reserva na tempada 2008-09. Szczęsny foi convocado por primeira vez co primeiro equipo o 24 de maio de 2009 nun partido de liga contra o Stoke City.
O 20 de novembro de 2009, Szczęsny foi cedido ao Brentford FC durante un mes. O 22 de decembro, o Arsenal estendeu a cesión durante un mes máis ata o 17 de xaneiro de 2010, e despois ata o 31 de xaneiro. Finalmente, foi estendida a súa cesión ata o 31 de maio.
Selección[editar | editar a fonte]
Tras pasar polas categorías inferiores da selección polaca, chegou ao primeiro equipo en outubro de 2009.
Szczęsny foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012. Foi titular no primeiro partido contra a selección grega, e foi expulsado tras cometer un penalti sobre Dimitris Salpigidis.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil na web do Arsenal FC Arquivado 13 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
- Perfil en ESPN