Saltar ao contido

Tristeza da maternidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tristeza da maternidade (en inglés, maternity blues[1] ou baby blues[2]), tamén coñecida coma síndrome do terceiro día[3] (por comezar a se manifestar entre o terceiro e sétimo día desde o parto), é unha resposta fisiolóxica normal é adaptativa que se dá nas mulleres que veñen de dar a luz, e que se caracteriza por unha leve alteración do estado de ánimo que pode implicar apatía, tristeza leve, labilidade emocional, ansiedade e outros cambios no humor dentro do espectro da depresión. Polo xeral adoita afectar as nais nos primeiros días posparto, mais é posíbel que afecten tamén ao proxenitor paterno.[4] Afecta a 75-80% das nais, e os síntomas poden durar desde unhas horas até varios días.

Cómpre non confundir a tristeza da maternidade coa depresión posparto, a cal é unha verdadeira doenza psiquiátrica. Porén, episodios severos e con síntomas moi floridos de tristeza da maternidade poderían ser un factor preditor para padecer depresión posparto nun futuro.[5]

Algúns autores relacionan a tristeza da maternidade con posíbeis alteracións na glándula tiroide, que podería sufrir cambios transitorios durante o período posparto.[6]

  1. Freedictionary.com (ed.). "Maternity blues.". Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  2. O termo "blue", en inglés, ademais de se referir á cor azul, significa tamén triste.
  3. Miyaoka, Yoshiko. JMAJ 44(8): 354–358, 200., ed. "Postpartum Depression." (PDF). Clinical Medicine: Depression. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  4. Blasco, A. Faro de Vigo, ed. "A depresión postparto non ten sexo.". Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  5. Watanabe, M; Wada K, Sakata Y, Aratake Y, Kato N, Ohta H, Tanaka K (2008). "Maternity blues as predictor of postpartum depression: a prospective cohort study among Japanese women.". J Psychosom Obstet Gynaecol. 3 29 (206): 12. PMID 18608817. doi:10.1080/01674820801990577. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  6. Tomu Ijuin; Tsutomu Douchi, Shinichi Yamamoto, Yasuhiro Ijuin andYukihiro Nagata. (2010). "The Relationship between Maternity Blues and Thyroid Dysfunction". Journal of Obstetrics and Gynaecology Research. 1 24: 49–55. PMID 9564106. doi:10.1111/j.1447-0756.1998.tb00052.x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]