Trigo Limpio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trigo Limpio
OrixeDonostia, España
Período1975 - 1990
Xénero(s)folk
Selo(s) discográfico(s)PolyGram,Universal
MembrosIñaki de Pablo
Luis Carlos Gil
Amaya Saizar
Patricia Fernández Goberna
Maite Zuazola
Na rede
http://trigolimpio.wixsite.com/trigolimpio
Musicbrainz: 1a2d4e57-33f4-4f27-b7dc-5840b9b9c435 Discogs: 1127628 Editar o valor em Wikidata

Trigo Limpio, foi un trío de folk español nacido en 1975 en Donostia. Estaba composto por Iñaki de Pablo, Luis Carlos Gil e Amaya Saizar, sendo substituída esta última en 1979 por Patricia Fernández Goberna.

Representaron a España no Festival de Eurovisión de 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O grupo naceu en 1975 cando Carlos Gil foi convidado a cantar nunha sala despois de gañar un concurso de músicos da provincia de Guipúscoa. Para esta actuación chamou a Iñaki de Pablo, co que formara un grupo uns anos antes, e a Amaya Saizar.[1]

Naquela actuación foron presenciados por persoal do selo discográfico Philips, co que asinaron rapidamente un contrato profesional e publicaron o seu primeiro sinxelo.[1] Os seus primeiros anos transcorreron no movemento "neofolk", e a esa época pertencen éxitos como "Muñeca", "Pequeño Juan", "Adiós mamá", "Txikita" ou "Celtibérico". Nos inicios era o propio selo discográfico o que propoñía as cancións pero pouco a pouco foron incluíndo temas propios.[1]

Consolidación[editar | editar a fonte]

A pesar da aceptación e popularidade dalgúns dos seus temas, foi en 1977 cando comezaron a súa etapa máis importante ao seren invitados ao Festival Internacional da Canción de Viña del Mar e a representar a España no Festival da OTI, conseguindo o terceiro lugar coa canción "Rómpeme, mátame" de Juan Carlos Calderón, un dos máis cotizados autores e produtores españois, quen se encargaría da composición e produción dos temas do grupo até o abandono de Amaya en 1979.[2] Foron tamén seus os grandes éxitos do grupo: "Cinco canas más" e "Maria Magdalena".

Saída de Amaya e entrada de Patricia (1979)[editar | editar a fonte]

En outubro de 1979 incorporouse ao grupo Patricia Fernández Goberna, en substitución de Amaya, que decidiu comezar unha carreira en solitario.[3] Pouco despois foron elixidos para representar a España no Festival de Eurovisión de 1980 na Haia.[4] Participaron coa canción "Quédate esta noche" e acabaron no 12º posto de 19.[5]

Comezaron a soar con forza en toda Latinoamérica, chegando aos primeiros postos nas listas de éxitos, e especialmente en México, onde o grupo pasou longas tempadas. Gravaron nos Estados Unidos o LP Entrañadamente, nos famosos Criteria Studios de Miami, e deron concertos nas cidades con máis poboación hispana: Chicago, Dallas, San Antonio, Houston, Miami e Os Ánxeles.

Co abandono de Patricia, a finais de 1987 uniuse ao grupo Maite Zuazola coa que gravaron o seu último LP titulado Más. A finais de 1989 Iñaki e Carlos decidiron abandonar a súa carreira musical, poñendo fin así a Trigo Limpio.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1975 - Muñeca / La balada de Andy Grange (Sinxelo)
  • 1976 - Adiós mamá / Txikita (Sinxelo)
  • 1977 - Trigo Limpio. LP.
  • 1977 - Cinco canas más / Aquella canción (Sinxelo)
  • 1977 - Rómpeme, mátame / Yo nací en Oregón (Sinxelo)
  • 1978 - Desde nuestro rincón. LP.
  • 1978 - María Magdalena / El Paria (Sinxelo)
  • 1979 - Ven a Jerusalén / Mi Casa (Sinxelo)
  • 1979 - Pero dime / Vives como quieres (Sinxelo)
  • 1980 - Quédate esta noche. LP.
  • 1980 - Quédate esta noche / De profesión bribón (Sinxelo)
  • 1980 - Qué / No me gusta sentirme solo (Sinxelo)
  • 1981 - Caminando. LP.
  • 1981 - Te quiero para mí. Grandes Éxitos. LP.
  • 1981 - Cantad todos al niño / Navidad (Sinxelo para UNICEF).
  • 1982 - Entrañablemente. LP.
  • 1983 - Como un sueño. LP.
  • 1984 - Hay cariño. LP.
  • 1984 - Sol de verano (Maxi Sinxelo en inglés)
  • 1984 - Los éxitos románticos en México. LP.
  • 1985 - México. LP.
  • 1986 - Diez años. LP.
  • 1986 - Hablemos claro. L.P.
  • 1986 - Qué me das. (Sinxelo)
  • 1988 - Más. LP.
  • 1988: Los éxitos románticos.
  • 1995: Trigo Limpio Grandes Éxitos. Dobre CD. Polygram España.
  • 1999: Grandes Éxitos. Dobre CD. Ramalama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Martín, María Ángeles (13 de abril de 1980). "«Trigo limpio»: Una artista, un futbolista y un poeta". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41. 
  2. "Fallece Patricia Fernández, vocalista femenina de Trigo Limpio" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2021. 
  3. Martín, María Ángeles (13 de abril de 1980). "«Trigo limpio»: Tres vocaciones musicales para Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). p. 40. 
  4. "Fallece Patricia Fernández, excantante de Trigo Limpio" (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  5. "Eurovision 1980". eurovisionworld.com (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2021. 
Predecesor:
"Su canción"
Betty Missiego

España no Festival de Eurovisión

1980
Sucesor:
"Y solo tú"
Bacchelli

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]