Tribunal Supremo de Wisconsin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal Supremo de Wisconsin
TipoTribunal supremo estatal
Data de fundación1841
PaísEstados Unidos de América
43°04′29″N 89°23′05″O / 43.0746, -89.3846
Na rede
https://www.wicourts.gov/
editar datos en Wikidata ]

O Tribunal Supremo de Wisconsin (en inglés, Wisconsin Supreme Court) é a máis alta instancia xudicial do estado de Wisconsin, nos Estados Unidos. A súa sede está en Madison, a capital estatal e está integrado por sete maxistrados cuxas sentenzas só poden ser apeladas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Competencias[editar | editar a fonte]

Segundo o artigo sétimo da Constitución estatal, o Tribunal Supremo é o máximo órgano xurisdicional de Wisconsin correspondéndolle, polo tanto, resolver as apelacións dos casos dos xulgados.[1] Ademais, administra o sistema xudicial de Wisconsin encargándose de elaborar o orzamento, planificar as necesidades futuras e xestionar os xurados.[2]

Membros[editar | editar a fonte]

O Tribunal Supremo está composto por sete maxistrados que teñen mandatos de dez anos. Estes xuíces son escollidos por sufraxio entre candidatos independentes en eleccións anuais.[3] Os membros do plenario escollen entre eles a un presidente (chief justice) para un exercicio bianual.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wisconsin Constitution :: Article VII - Judiciary :: Section 3 - Supreme court: jurisdiction.". Justia Law (en inglés). Consultado o 2023-09-05. 
  2. "Wisconsin Court System - Supreme Court functions". www.wicourts.gov. Consultado o 2023-09-05. 
  3. "Wisconsin Courts - The League of Women Voters of the La Crosse Area". www.lwvlacrosse.org (en inglés). Consultado o 2023-09-05. 
  4. "Wisconsin Supreme Court justices vote Ziegler to second term as chief justice". PBS Wisconsin (en inglés). Consultado o 2023-09-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]