Tribunal Constitucional
Un Tribunal Constitucional ou Corte Constitucional é aquel órgano que ten ao seu cargo, principalmente, facer efectiva a primacía da Constitución. Ten a atribución de revisar a adecuación das leis e procesos referentes á Constitución e eventualmente dos proxectos de lei e os decretos lexislativos o do poder executivo, á Constitución, realizando un exame de constitucionalidade de tales actos.
De acordo ó modelo kelseniano, o Tribunal Constitucional actúa como un lexislador negativo, pois carece da facultade de crear leis, mais no caso de que entenda que unha das promulgadas vulnera o disposto na Constitución, ten poder para expulsala do ordenamento xurídico, declarando a súa inconstitucionalidade. Teorías máis recentes, sosteñen que a tarefa do Tribunal Constitucional é exercer unha función xurisdicional, resolvendo conflitos de carácter constitucional, que poden incluír a revisión da actuación do poder lexislativo, a protección dos dereitos fundamentais e a distribución de competencias entre os poderes constituídos.