Trece anos de Branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trece anos de Branca
Autor/aAgustín Fernández Paz
Ilustrador/aManuel Uhía Lima
OrixeEspaña
Linguagalego
Xénero(s)Literatura xuvenil
EditorialEdebé-Rodeira
Data de pub.1994
FormatoEdición rústica
Páxinas123
ISBN978-84-96352-52-0
editar datos en Wikidata ]

Trece anos de Branca é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1994 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano gañou o Edebé de Literatura Xuvenil.[1]

Nun principio a obra era un relato curto que figuraba no libro Rapazas (1993), mais acabou por converterse nun libro. Segundo o propio autor "é unha novela intimista, máis de sentimentos que de accións, pero de lectura áxil e agradable".[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Branca é unha nena que cae enferma de hepatite cando vai cumprir trece anos, e debe pasar na cama unha tempada. Iso permítelle lembrar intres importantes da súa vida, ó tempo que o lector descobre a súa personalidade e os seus sentimentos máis íntimos.

Traducións[editar | editar a fonte]

Está traducido a linguas como o catalán (Tretze anys de Blanca, tradución de Joan Hernández Pau), o castelán (Trece años de Blanca; tradución de Rosa M. Vilariño) e o éuscaro (Albak hamahiru urte, tradución de Iñaki Ugarteburu).[3]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1994: Premio Edebé de Literatura Xuvenil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernández Paz consegue o premio Edebé Xuvenil" (PDF). El Correo Gallego. 1 de febreiro de 1994. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  2. Rodríguez, Pilar (25 de febreiro de 1994). "Para saír fóra de Galicia xa non fai falla escribir soamente en castelán" (PDF). El Correo Gallego. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  3. Fernández Paz, Agustín. "Trece anos de Branca". Consultado o 12 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]