Tratado de Wedmore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Alfredo o Grande en Winchester.

O Tratado de Wedmore é un evento referido polo erudito Asser na súa "Vida de Alfredo", resumindo como o líder viquingo Guthrum foi bautizado por Alfredo rei de Wessex e aceptou a este como o seu pai adoptivo.

Fontes e contexto histórico[editar | editar a fonte]

En 878, Alfredo derrotou ao exército viquingo en Edington. Guthrum decidiu retirarse aos seus baluartes co que quedaba do seu exército, onde Alfredo o cercou. Tras catorce días de asedio, os viquingos, "completamente aterrorizados pola fame, o frío e o medo", desexaban a paz e enviaron a un emisario a Alfredo.

Alfredo aceptou a rendición de Guthrum. Segundo Asser, na súa "Vida de Alfredo", os viquingos entregaron reféns a cambio da paz "e xuraron, ademais, deixar o seu reino inmediatamente, e Guthrum, o seu rei, prometeu aceptar o cristianismo e recibir o bautismo de mans de Alfredo; todo o prometido, por parte de Guthrum e polos seus homes, foi cumprido". Segundo Asser: "A unción do crisma tivo lugar no oitavo día na vila real de Wedmore".

Tres semanas máis tarde, Guthrum, acompañado de trece dos seus homes, chegou a Aller, preto de Athelney, onde se atopaba Alfredo. Aquí Guthrum foi bautizado e Alfredo aceptouno como fillo adoptivo.

Tras isto, o líder viquingo volveu a Anglia Oriental, desde onde gobernaría sobre todo o que fora Anglia Oriental, Essex e o leste de Mercia. Posteriormente, estes dominios serían reconquistados por Alfredo e os seus sucesores.

Malentendido e confusión[editar | editar a fonte]

Mala interpretación de "tratado".

A única referencia acerca dun tratado en Wedmore, é a cita de Asser exposta máis arriba. Por tanto, o único que sabemos é que en Wedmore, Guthrum aceptou a Alfredo como padriño e que aceptou a fe Cristiá. Existe un importante matiz ao impor a súa autoridade Alfredo; con todo, o material proveniente das fontes non dá ningunha pista acerca das implicacións en termos territoriais nin ningunha outra.

Con todo pode haber certa mala interpretación, probabelmente ao confundir o ocorrido en Wedmore co posterior Tratado de Paz de Alfredo e de Guthrum. Isto leva que un suposto "Tratado de Wedmore" se converta nun punto ben definido na historia anglosaxoa, como suxire o mapa. Aínda que é posíbel que os acordos territoriais fosen discutidos en Wedmore, ou en Aller, ou noutro lugar, tras Edington, non existe nada nas fontes da época que o probe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Simon Keynes e Michael Lapidge, Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred and Other Contemporary Sources, (Londres: Penguin,1983)
  • Frank Stenton, Anglo-Saxon England, terceira edición, (Oxford: Oxford University Press, 1971), p257

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]