Tratado de Sugauli
O Tratado de Sugauli estableceu a liña fronteiriza do Nepal tras a guerra anglo-nepalesa de 1814-16. O acordo entre a Compañía Británica das Indias Orientais e o reino do Nepal asinouse o 2 de decembro de 1815. Non obstante, as autoridades nepalesas non o ratificaron[1] e as hostilidades recomezaron en xaneiro de 1816. Finalmente, ratificouse o 4 de marzo de 1816.
Contexto
[editar | editar a fonte]Tras a unificación do Nepal baixo Prithvi Narayan Shah, o novo reino intentou ampliar os seus dominios, coa conquista de boa parte de Sikkim ao leste mentres no oeste expandiuse polas bacías do Gandaki e Karnali mais nas rexións de Garhwal e Kumaon de Uttarakhand. Esta actividade levou a que Nepal entrase en conflito cos británicos, que controlaban directa ou indirectamente as chairas do norte da India entre Delhi e Calcuta. Sucedéronse entre 1814 e 1816 unha serie de campañas coñecidas como guerra anglo-nepalesa. En 1815, o xeneral británico David Ochterlony expulsou os nepaleses de Garhwal e Kumaon ata a outra beira do río Kali[2][3], finalizando os seus doce anos de ocupación, período recordado pola súa brutalidade e represión[4].
Octherlony ofreceu un tratado de paz aos nepaleses esixindo o establecemento dun representante británico permanente na capital e a delimitación do territorio nepalés que levaba aparellada a cesión de territorio aos británicos. A negativa nepalesa a acceder a esas condicións levou a outra campaña no val de Katmandú no ano seguinte e á ratificación do tratado polo goberno nepalés[5][6].
Termos do acordo
[editar | editar a fonte]Nepal tivo que ceder aos británicos todos os territorios que conquistara ao oeste e ao leste Nepal, renunciar a calquera reclamación sobre a disputada rexión de Terai e aceptar un representante permanente británico en Katmandú porén a diferenza dos estados indios, Nepal mantivo a súa independencia e non se converteu nun protectorado británico[7]. O manuscrito orixinal do tratado permanece desaparecido[8].
Disputas persistentes
[editar | editar a fonte]Ningún goberno nepalés reclamou os territorios perdidos pero hai pequenos grupos que reclaman que a India devolva esas rexións[9].Existen reclamacións territorias por pequenas zonas fronteirizas por non concordaren os gobernos nepalés e indio na interpretación do tratado[10], as máis significativas son os territorios de Susta e Kalapani[11]que entre os dous cobren uns 40 km desa fronteira[12].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bernardo A. Michael (2014). Statemaking and Territory in South Asia: Lessons from the Anglo–Gorkha War (1814–1816). Anthem Press. p. 12.
- ↑ Whelpton, A History of Nepal (2005), p. 41-42.
- ↑ Rose, Nepal – Strategy for Survival (1971)
- ↑ Whelpton, A History of Nepal (2005), p. 58.
- ↑ Whelpton, A History of Nepal (2005)
- ↑ Rose, Nepal – Strategy for Survival (1971)
- ↑ "Treaty of Sagauli". Encyclopædia Britannica.
- ↑ "Original copies of both Sugauli Treaty and Nepal-India Friendship Treaty are missing". The Kathmandu Post. 13 de agosto de 2019.
- ↑ "Greater Nepal activists stage protest against Treaty of Sugauli". onlinekhabar. 4 de marzo de 2016.
- ↑ Edgar Thorpe e Showick Thorpe (2008). General Knowledge Manual 2009. Pearson Education India. p. 3.62.
- ↑ "India and Nepal Tackle Border Disputes". The Diplomat. 22 de setembro de 2014.
- ↑ "Nepal aims to settle boundary dispute with India in 4 years". The Kathmandu Post. 6 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2018. Consultado o 21 de maio de 2020.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atkinson, Edwin Thomas (1981) [first published 1884]. The Himalayan Gazetteer, Volume 2, Part 2. Cosmo Publications – vía archive.org.
- Atkinson, Edwin Thomas (1981) [first published 1884]. The Himalayan Gazetteer, Volume 3, Part 2. Cosmo Publications – vía archive.org.
- Chatterjee, Bishwa B. (January 1976). The Bhotias of Uttarakhand. India International Centre Quarterly 3. pp. 3–16. JSTOR 23001864.
- Cowan, Sam (2015). The Indian checkposts, Lipu Lekh, and Kalapani. School of Oriental and African Studies. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2020.
- Dhungel, Dwarika Nath; Pun, Santa Bahadur (2014). Nepal-India Relations: Territorial/Border Issue with Specific Reference to Mahakali River. FPRC Journal (New Delhi: Foreign Policy Research Centre) – vía academia.edu.
- Manandhar, Mangal Siddhi; Koirala, Hriday Lal (June 2001). Nepal-India Boundary Issue: River Kali as International Boundary. Tribhuvan University Journal 23.
- Rose, Leo E. (1971). Nepal – Strategy for Survival. University of California Press. ISBN 978-0-520-01643-9.
- Rose, Leo E. (January–February 1999). Nepal and Bhutan in 1998: Two Himalayan Kingdoms. Asian Survey 39. pp. 155–162. JSTOR 2645605.
- Schrader, Heiko (1988). Trading Patterns in the Nepal Himalayas. Bow Historical Books. ISBN 978-3-88156-405-2.
- Shrestha, Buddhi N. (2013). "Demarcation of the International Boundaries of Nepal". En Haim Srebro. International Boundary Making (PDF). Copenhagen: International Federation of Surveyors. pp. 149–182. ISBN 978-87-92853-08-0.
- Upadhya, Sanjay (2012). Nepal and the Geo-Strategic Rivalry between China and India. Routledge. ISBN 978-1-136-33550-1.
- Walton, H. G., ed. (1911). Almora: A Gazetteer. District Gazetteers of the United Provinces of Agra and Oudh 35. Government Press, United Provinces – vía archive.org.
- Whelpton, John (2005). A History of Nepal. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-80470-7.