Trapos Sucios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trapos Sucios
OrixeMuros, Galicia Galicia
Período2002 − presente
Xénero(s)Rock
MembrosGermán Mosqueira
Ricardo Mayo
Denís Lamela
Manolo Romero
Pedro A. Lago Lestón
Na rede
Páxina oficial

Trapos Sucios é un grupo galego de rock, formado en Muros en 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2006 gravaron a súa primeira maqueta, En un lugar olvidado. En xuño de 2007 editaron o primeiro disco, ¿Y tú qué opinas?, que contou coa colaboración de Javi Maneiro, cantante de Heredeiros da Crus e Jabón Blue.

A mediados de 2008 gravaron unha segunda maqueta de 4 cancións, da que se regalaron 1.000 copias, en adianto do seu segundo disco en estudio, Con el agua al cuello, editado en xullo de 2009.

Trapos Sucios compartiron cartel con grupos como Rosendo, Barricada, Barón Rojo, Porretas, Gatillazo, The lokos, Forraje ou Jabón Blue.

Colaboraron no seu directo artistas como Charlie, baixista de Los Suaves.

No 2008 quedaron cuartos clasificados no concurso A polo ghit, e gañaron o I Concurso Rock da Deputación da Coruña.

En 2013, despois de moito tempo preparando o seu seguinte traballo e apartados dos escenarios, presentaron "Idiocracia", 12 novas cancións coas que iniciaron un novo período de concertos.

En 2014 gañaron o I concurso Rock in Rio Tea de Ponteareas.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

  • Germán Mosqueira (Voz)
  • Ricardo Mayo "Kaio" (Guitarra)
  • Denís Lamela (Guitarra)
  • Manolo Romero "Tararo" (Baixo)
  • Pedro A. Lago Lestón (Batería)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • ¿Y tú qué opinas? (2007)
  • Con el agua al cuello (2009)
  • Idiocracia (2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]