Os Barbanzóns
Os Barbanzóns é unha serie de banda deseñada creada no ano 2003 polo debuxante vigués Pepe Carreiro, e publicada pola editorial noiesa Toxosoutos. Os cómics están ambientados na Idade de Ferro, a trama localízase no Castro de Baroña, e os libros describen as aventuras que viven os habitantes do poboado prerromano.
Sobre a semellanza con Astérix e Obélix, Carreiro dixo que, malia que Os Barbanzóns tamén sofren a ameaza dos romanos, esta non é un serie para nenos, e o tipo de humor é totalmente distinto, xa que os personaxes son tratados dende un punto de vista actual.[1]
A serie Os Barbanzóns compleméntase coa serie Os Pequenos Barbanzóns, protagonizada polos mesmos rapaces do castro que aparecen na serie orixinal. Esta serie é máis axeitada para ser lida por nenos menores de 12 anos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os protagonistas son:
- Tara. É a matriarca do castro, nai de Con, Bre e Lerankos.
- Con. O fillo máis vello de Tara, afeccionado á guerra, cre que é o xefe do poboado.
- Guinness. A muller de Con. Nada en Irlanda, foi raptada por Con nunha das súas incursións.
- Son. Fillo de Con e Guinness, ten inquedanzas políticas e filosóficas.
- Minu. Fillo cativo de Con e Guinness, irmán de Son. É un bebé.
- Bre. Filla mediana de Tara, irmá de Con e de Lerankos. É ama de casa. O seu home é Bar.
- Bar. Home de Bre, procede das montañas orientais da actual Galicia. É afeccionado á troula e ó alcohol.
- Baal. Filla de Bar e Bre.
- Banza. É un oso que acompaña sempre a Bar. Gústalle a festa.
- Lerankos. Fillo de Tara, irmán de Con e Bre. É o druída do castro.
O autor dixo dos personaxes:
- «Son personaxes cómicos, sarcásticos, paródicos; cunha perspectiva nada historicista e que se contaxian, como ocorre no caso de Con, da neurose dos dirixentes políticos reais, como Aznar, Bush e Blair».[2]
Títulos
[editar | editar a fonte]- Os Barbanzóns
- 1. Baroña ou morte (2003).[3]
- 2. No solpor da prehistoria (2004).[4]
- 3. A noite de samaín (2005).[5]
- 4. A noite das cacharelas (2010).[6]
- Os Pequenos Barbanzóns
- 1. O ladrón de mel (2007).[7]
- 2. Castañas con porco bravo (2007).[8]
- 3. Farrapos de seda (2007).[9]
- 4. Peito de lobo (2009).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pepe Carreiro publica un nuevo álbum de 'Os Barbanzóns', artigo de El País. (en castelán)
- ↑ Toxosoutos convértese en referente da banda deseñada con «Os barbanzóns» Arquivado 22/12/2015, en Wayback Machine., artigo do 3 de xaneiro de 2004 na La Voz de Galicia.
- ↑ Información sobre Baroña ou morte.
- ↑ Información sobre No solpor da prehistoria.
- ↑ Información sobre A noite de samaín.
- ↑ Información sobre A noite das cacharelas. (en castelán)
- ↑ Información sobre O ladrón de mel.
- ↑ Información sobre Castañas con porco bravo.
- ↑ Información sobre Farrapos de seda.
- ↑ Información sobre Peito de lobo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |