Torre Espacio
Torre Espacio | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | rañaceos ![]() | |||
Epónimo | Emperador Inc. (en) ![]() ![]() | |||
Parte de | Cuatro Torres Business Area ![]() | |||
Uso(s) | Oficinas | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Madrid, España | |||
Rúa | Paseo da Castellana ![]() | |||
Código postal | 28046 ![]() | |||
Datas | ||||
Inicio construción | 2004 | |||
Remate construción | 2008 | |||
Fundación | 2008 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 224 metros | |||
Pisos | 57 ![]() | |||
Superficie | 56.259 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Grupo Emperador | |||
Arquitecto | Henry N. Cobb José Bruguera | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | emperadorproperties.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Torre Espacio é un rañaceos da cidade de Madrid, o cuarto edificio máis alto de España e o décimo sexto de Europa.
Ten unha altura de 230 metros e 57 plantas sobre o nivel do chan. A fachada está cuberta exclusivamente de vidro, as plantas, que teñen forma cadrada na base, modifícanse a medida que aumenta a altura ata alcanzar unha forma oxival, formando unha curva que matematicamente representa a función coseno.[1]
Está situado, xunto a outros tres, no complexo Cuatro Torres Business Area (CTBA), entre os distritos de Fuencarral-El Pardo e Chamartín. A Torre Espacio foi a primeira en acabar de construírse. Foi proxectada polo arquitecto Henry N. Cobb,[2] membro da firma Pei Cobb Freed & Partners, fundada por Ieoh Ming Pei. O edificio alberga oficinas de empresas como a Inmobiliaria Espacio S.L., OHL, Fertiberia, Ferroatlántica e tamén varias embaixadas.
Historia e características
[editar | editar a fonte]
A construción do edificio comezou en 2004 e en marzo de 2007 chegou ao seu teito. Durante a noite do 4 de setembro de 2006 declarouse un incendio entre a planta 40 e 42, a última planta en construción nese momento, a unha altura de 162 metros. Non houbo feridos e os danos non afectaron á estrutura. A data do 24 de novembro de 2006 a Torre Espacio superou en altura ao entón edificio máis alto de España, o Hotel Bali III de Benidorm de 186 metros.
O 19 de marzo de 2007 un espectáculo pirotécnico a máis de 300 metros de altura celebrou que a torre chegara á súa máxima altura e que fora concluída.[3] O 29 de marzo de 2007 deixou de ser o edificio máis alto de España ao ser superado pola Torre de Cristal, tamén situada no CTBA.
O edificio ten particularidades de deseño que provocaron que Discovery Channel centrásese nel no capítulo sexto da cuarta tempada da súa serie Extreme Engineering na construción dunha planta deste edificio. Entre esas particularidades está que a curva característica que presenta esta torre está definida pola función y = cos (x).
Na planta 33 existe unha capela católica, polo que é unha das capelas máis altas do mundo a 135 metros do chan. A bandeira de España do ático é unha das máis grandes xunto coa da Praza de Colón de Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Madrid desde o espazo, diario El Mundo, 09/03/2007
- ↑ Página web sobre o edificio no sitio de Pei Cobb Freed & Partners
- ↑ 37 metros máis alto, diario El País, 19/03/2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Predecesor: Gran Hotel Bali |
Edificio máis alto de España 2007 |
Sucesor: Torre de Cristal |
Predecesor: Torre Picasso |
Edificio máis alto de Madrid 2007 |
Sucesor: Torre de Cristal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre Espacio |
- Sitio web oficial (en castelán)
- Urbanity: Torre Espacio Arquivado 31 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Culmina a obra de Torre Espacio, o edificio máis alto de España, de 236 metros en elmundo.es