Toni Kuivasto
Toni Kuivasto | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento | 31 de decembro de 1975 |
Tampere | |
Nacionalidade | Finlandia |
Ocupación | futbolista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Toni Kuivasto, nado en Tampere o 31 de decembro de 1975, é un futbolista finlandés que actualmente xoga no Djurgårdens IF da Allsvenskan sueca.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Kuivasto, un defensa central, principiou a súa carreira no club da súa cidade, o FC Ilves, facendo o debut na Veikkausliiga en 1992. Do Ilves pasou ó MyPa en 1997 e de alí ó principal club finlandés, o HJK Helsinki en 1999, antes de xogar fóra para entrar no Viking F.K. da Tippeligaen norueguesa no 2001. Despois duns anos en Noruega buscaba novos horizontes e marchou ó Djurgården no verán do 2003. Kuivasto axudou a conseguir dous campionatos suecos e dúas Copas de Suecia ó seu novo club.
A súa primeira participación coa Selección de fútbol de Finlandia foi en 1997.
|