Toni Brunner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Toni Brunner
Toni Brunner (2015).jpg
Nacemento23 de agosto de 1974
 Wattwil
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónpolítico e labrego
editar datos en Wikidata ]

Anton «Toni» Brunner[1], nado o 23 de agosto de 1974 en Wattwil, é un agricultor e político suízo, presidente do SVP.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, Toni Brunner é un granxeiro con terras en Ebnat-Kappel. Entre novembro de 2005 e xaneiro de 2010 xunto con Peter Weigelt operou unha emisora de radio por internet,buureradio.ch.

Toni Brunner foi un dos fundadores do SVP do Cantón de San Galo en 1992. Entre 1993 e 1998 dirixiu o partido no distrito de Obertoggenburg. En 1995 entrou no Consello Nacional suízo, reelexido enn 1999, 2003, 2007 e 2011. De 1998 a 2008 foi presidente do SVP do Cantón de San Galo e de 2000 até 2008 vicepresidente do SVP. O 1 de marzo de 2008 substituíu a Ueli Maurer como presidente do SVP.[2]

En 2007 presentouse ao Consello dos Estados sen lograr entrar, e de novo en 2011, sen tampouco conseguir a acta.[3][4] 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Landgasthaus Sonne Wintersberg GmbH[Ligazón morta], Internet-Auszug, Handelsregister des Kantons St. Gallen, abgerufen am 26.
  2. svp.ch: Communiqué der SVP zur Wahl der Parteileitung Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  3. St. Galler SVP schickt Toni Brunner ins Rennen um den Sitz im Stöckli
  4. Ständeratswahlen: Rechsteiner ist gewählt – Frick muss Föhn Platz machen