Ueli Maurer
Aparencia
Ueli Maurer, nado en Wetzikon o 1 de decembro de 1950, é un político suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi membro do Consello federal suízo dende 2009, e Presidente da Confederación Suíza para 2019. Foi xefe do Departamento Federal de Finanzas dende 2016. Ocupou o cargo de presidente tamén en 2013 e foi xefe do Departamento Federal de Defensa, Protección Civil e de Deportes de Suíza de 2009 a 2015. O seu partido político é a Unión Democrática do Centro.