Tongtianlong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tongtianlong
Rango fósil: Cretáceo
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Orde: Saurischia
Superfamilia: Caenagnathoidea
Familia: Oviraptoridae
Xénero: Tongtianlong
Nome binomial
Tongtianlong limosus
Lü et al., 2016

Tongtianlong (en chinés simplificado: 通天龙; tradicional: 通天龍; pinyin: tōngtiānlóng, que significa "Dragón tongtianyan") é un xénero de dinosauro oviraptoridae terópodo que viviu a finais do Maastrichtiano do período Cretáceo. Contén unha especie, o T. limosus.[1]

Discubrimento e nome[editar | editar a fonte]

O holotipo de Tongtianlong, o espécime número DYM-2013-8, foi descuberto no 2016 durante a construción dun novo instituto preto do Distrito de Ganxian na provincia de Jiangxi da China. O lugar onde foi atopado é parte da formación Nanxiong, que data da época Maastrichtiana (unha datación máis precisa non foi aínda descrita). O espécime está no Museo de Dongyang.[1] Malia que orixinalmente o espécime estaba escepcionalmente ben conservado, parte dos brazos, da perna dereita e a cola foron destruídos por unha detonación de TNT que foi a que desenterrou o fósil.[2][3] Preto da cadeira, pódese ver un furado que foi empregado para depositar o TNT.[1]

O esqueleto foi preservado nunha pose pouco común, coa testa erguida e os brazos estendidos; e aínda que sexa difícil dicir exactamente o que levou a esta pose,[1] suxeriuse especulativamente que o espécime morreu mentres estaba preso na lama e tentaba ceibarse.[3] O nome do xénero Tongtianlong mestura unha referencia á achegada Tongtianyan (通天岩) e o sufixo -long (龙, "dragón").[4] "Tongtian" tamén é unha expresión chinesa que quere dicir "camiño cara o ceo". O nome da especie, limosus (do latín "enlameado"), refírese a como foi conservado o exemplar en lutita.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lü, J.; Chen, R.; Brusatte, S.L.; Zhu, Y.; Shen, C. (2016). "A Late Cretaceous diversification of Asian oviraptorid dinosaurs: evidence from a new species preserved in an unusual posture". Scientific Reports 6. doi:10.1038/srep35780. 
  2. Davis, Nicola (10 de novembro de 2016). The Guardian, ed. "New species of 'weird bird'-like dinosaur discovered in China". Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Gill, Victoria (10 de novembro de 2016). BBC News, ed. "Unknown dinosaur almost blown to oblivion". Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  4. 化石网 (11 de novembro de 2016). Chinese Academy of Sciences, ed. "中国赣州南雄组晚白垩世第6个描述的新窃蛋龙科恐龙——泥潭通天龙 The sixth new oviraptorosaurian dinosaur from the Nanxiong Formation of Ganzhou, China - Tongtianlong limosus". 化石网 (Fossils Network) (en chinés) (Nanjing). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2016.