Tombe à la fille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°48′29″N 1°32′13″O / 47.808055555556, -1.5369444444444

La tombe à la fille

A Tombe à la fille (tumba da moza) ou a tumba de Sainte Pataude[1] é unha pequena tumba situada nos bosques de Teillay, Bretaña, Francia. Segundo a tradición local, alí está enterrada unha nena asasinada polos Chouan durante a Revolución Francesa.[1] Hoxe é un lugar de gran devoción na comarca. A tumba está regularmente cuberta de flores, e adoita haber roupa de nenos colgada na vexetación circundante.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

A moza alí enterrada foi Marie Martin, nada en Tresbœuf e residente en Teillay; no momento da morte tiña entre 17 e 19 anos. Aínda que existen varias narracións sobre o motivo do seu asasinato, unha das afirmacións máis acreditadas é que ela indicaría aos republicanos de Bain-de-Bretagne o agocho dun grupo de chouans (ou, pola contra, se negou a indicar o agocho dos revolucionarios).

Foi capturada e torturada durante moito tempo polos chouáns, que a deixaron morrer atada a unha árbore.[4]

A rapaza tamén é lembrada como Sainte Pataude (zoupona, torpe) polo o alcume que os chouáns daban aos republicanos en galó.[5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Croyance populaire : Tombe à la fille". Bretagne Buissonnière (en francés). 22 de abril de 2010. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  2. "Teillay - TEILLAY - LA TOMBE A LA FILLE - FORET DE TEILLAY - Carte postale ancienne et vue d'Hier et Aujourd'hui". Geneanet (en francés). Consultado o 2022-04-17. 
  3. "Teillay: les mines de la Brutz, une histoire de fer et d'hommes.". france3-regions.francetvinfo.fr. 
  4. Schmitt 1983, p. 148-149
  5. Flohic et al. 1999, p. 276
  6. Marc-Elie (16 de febreiro de 2016). "Une sainte républicaine ?". SERAPHIM. Le Blog de Marc-Elie (en francés). Consultado o 5 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]