Tom Meschery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tom Meschery
Posición Ala-pivote
Dorsal 14
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Nacemento 26 de outubro de 1938
(81 anos)
Manchukuo Harbin, Manchuria
Carreira
Universidade North Carolina A&T
NBA Draft 1961 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por
Philadelphia Warriors
Tempadas 19611971
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     9 904 (12,7 pp)
Rebotes     6 698 (8,6 pp)
Asistencias     1 331 (1,7 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Thomas Nicholas "Tom" Meschery, nado Tomislav Nikolayevich Meshcheryakov (en ruso: Томислав Николаевич Мещеряков) o 26 de outubro de 1938 en Harbin, Manchuria (actual China), é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto ruso-estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sétimo posto da primeira rolda do Draft da NBA polos Philadelphia Warriors en 1961. Alí xogou durante seis temporadas, sendolle retirado o seu dorsal 14 na súa honra. Posteriormente, e antes da súa retirada, xoga durante catro temporadas nos Seattle SuperSonics. Foi o primeiro ruso en competir nunha liga profesional norteamericana. Tras a súa etapa deportiva, e téndose graduado en arte, foi profesor de instituto e un destacado poeta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Nado na China, os seus pais foron emigrantes rusos que fuxiron da Revolución rusa de 1917. Posteriormente foron recolocados nun campo de internamento xaponés próximo á cidade de Tokio durante a Segunda Guerra Mundial. Ao acabar esta, os seus pais emigraron a Estados Unidos, estabelecéndose en San Francisco, California.

Universidade[editar | editar a fonte]

Meschery xogou cos Gaels do Saint Mary's College, onde en 1960 foi elixido no terceiro equipo All-American.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido o sétimo posto do Draft da NBA de 1961 polos Philadelphia Warriors onde coincidiu con Wilt Chamberlain, xogador a quen anos máis tarde adicaría un dos seus poemas. Meschery deixou aos Warriors anos despois de trasladarse o equipo a San Francisco en 1965, para volver á súa Filadelfia natal e xogar cos 76ers. Con todo os Warriors, con Meschery como un dos seus puntais, e coa chegada de Rick Barry, chegaron ás finais da NBA, perdendo precisamente cos 76ers. Tras a final asinou un contrato con Seattle SuperSonics, onde pasou catro tempadas, para retirarse en 1971. Nos seus 10 anos como profesional fixo unha media de 12,7 puntos e 8,6 rebotes por partido.

Nada máis retirarse fíxose coas rendas de adestrador dos Carolina Cougars, equipo da ABA, onde permaneceu unha tempada, cun balance de 35 vitorias e 49 derrotas.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Basketball Reference (ed.). "Tom Meschery coatching record" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]