Todus multicolor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todus multicolor

Exemplar no lamazal de Zapata.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Todidae
Xénero: Todus
Especie: T. multicolor
Nome binomial
Todus multicolor
Gould, 1837

Todus multicolor é unha especie de ave coraciforme da familia Todidae endémica de Cuba.[1] É unha das especies máis preciosas da avifauna cubana. Non se coñecen subespecies.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha ave común en toda Cuba, que vive en bosques con barrancos.

Niño[editar | editar a fonte]

Nidifican entre abril e xullo. Cavan os seus niños en barrancos terrosos, a pouca altura das súas bases, con profundidades duns 25 cm. Tamén poden escavalos en toros podrecidos ou en cavidades naturais na pedra. En zonas costeiras areosas tamén poden escavar o seu niño na entrada de covas de cangrexos. Pon 3 ou 4 ovos de cor branca, de 15,5 mm de longo e 13,5 mm de ancho. Cando saen ou entran do niño fano de xeito súbito.

Notas[editar | editar a fonte]