Tityus serrulatus é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinario do Brasil e o seu veleno é extremadamente tóxico.[1] É o máis perigoso escorpión de América do Sur, sendo responsábel de moitos encontros fatais cos seres humanos.[2]
Os exemplares adultos polo xeral miden entre 5–7cm de lonxitude.[3] Ten as patas (8 en total) e os pedipalpos de cor amarela pálida, cun ton máis escuro de marrón amarelento no tronco, nos dedos e na punta da cola.[3] Como outros membros da familia Buthidae, T. serrulatus ten unha cola bulbosa, a miúdo orientada nunha curva cara a adiante sobre o lombo, que está segmentado, con cristas e estrías prominentes.[3] A cola ten na punta unha puga que inxecta veleno que é quen de inmobilizar a presa ou lanzar golpes defensivos.
123Mario da Rosa, Conrado; Abegg, Arthur Diesel; Borges, Leandro Malta; Bitencourt, Gabriela S. S; Di Mare, Rocco Alfredo (26 de xaneiro de 2015). "New record and occurrence map of Tityus serrulatus Lutz & Mello, 1922 (Scorpiones, Buthidae) in the state of Rio Grande do Sul, southern Brazil". Check List11 (1): 1556. ISSN1809-127X. doi:10.15560/11.1.1556.