SM-68 Titan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanzamento dun mísil Titan I en 1960.

SM-68 Titan foi a denominación de dous mísiles balísticos estadounidenses comezados como proxecto de respaldo ao mísil Atlas.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O nome SM-68 Titan agrupaba realmente a dous mísiles: o Titan I e o Titan II. O Titan I usaba dúas etapas alimentadas con queroseno, tiña un pulo de 1295,9 kN, unha masa de 105.142 kg cheo de propelente e unha altura de 31 m, cun diámetro de 3,05 m. Á parte da súa finalidade como mísil tamén foi pensado como lanzador para as probas suborbitais do avión espacial X-20A Dynasoar, aínda que nunca chegou a ser usado como lanzador espacial. Os mísiles Titan I foron retirados do servizo en 1966.[1][2]

O Titan II, pola súa banda, era unha mellora do Titan I e capaz de lanzar cargas máis grandes. Usaba tetróxido de nitróxeno e Aerozine 50 como propelentes, o que o facía máis eficaz como mísil debido a que son propelentes almacenables cos que o foguete pode pasar cargado longas temporadas, a diferenza do osíxeno líquido e o queroseno, que deben ser cargados pouco antes do lanzamento. O Titan II foi pensado desde o principio como posible lanzador tripulado cuns pequenos cambios e de feito foi usado posteriormente como lanzador do programa Gemini. O Titan II tiña un pulo de 1893,4 kN, unha masa de 154.000 kg, unha altura de 31,4 m e un diámetro de 3,05 m. Tódolos Titan II foron retirados en 1987 a favor de mísiles máis modernos, de propelente sólido.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Titan I" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2022). "Titan II" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]