Tijana Dapčević
Tijana Dapčević | |
---|---|
![]() Tijana Dapčević en abril de 2014. | |
Nome completo | Тијана Тодевска-Дапчевиќ Tijana Todevska-Dapčević |
Data nacemento | 3 de febreiro de 1976 (47 anos) |
Nado en | Skopje |
Ocupación | cantante |
Tempo en activo | Dende 1996 |
Na rede | |
http://www.tijanadapcevic.info | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tijana Dapčević (en macedonio: Тијана Дапчевиќ), ou sinxelamente Tijana é unha cantante macedonia moi popular en Serbia e Macedonia do Norte. É filla de pai macedonio e nai bosníaca, é irmá, da tamén cantante Tamara Todevska. Está casada con Milan Dapčević, home de negocios serbio.
Gañou o festival de "Sunčane skale" en Herceg Novi no ano 2002 coa canción "Negativ" composta por Darko Dimitrov, incluída no seu segundo álbum, Negativ. Tamén gañou o primeiro posto no "Serbian Radio Festival-Feras" coa canción "Julijana" en 2006.
Vive en Belgrado.
Festival da Canción de Eurovisión 2006[editar | editar a fonte]
No Evropesma 2006 (programa de Serbia e Montenegro que elixía ao seu representante no Festival de Eurovisión, Tijana quedou no posto número 8, con 27 puntos coa canción "Greh" ("Pecado"). "Greh" está no seu álbum Žuta minuta, que lanzou no verán de 2007.
Festival da Canción de Eurovisión 2014[editar | editar a fonte]
Representou a Macedonia do Norte no Festival de Eurovisión 2014 en Dinamarca.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Kao da.. (2000)
- Negativ (2002)
- Zemlja mojih snova (2004)
- Žuta minuta (2007)
- Muzika (2010)