Tiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tiga
Vista da illa
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Lealdade
Linguas
Poboación (2004) 150 hab.
Superficie 10 km²
Densidade
Coordenadas 21°06′25″S 167°48′53″L / -21.10694, -167.81472Coordenadas: 21°06′25″S 167°48′53″L / -21.10694, -167.81472
Maior Altura 92 m.
Localización
Localización da illa

Tiga, tamén chamada Tokanod, é unha pequena illa no Océano Pacífico sur. Tiga atópase a 35 quilómetros da illa de Lifou, e a 24´5 km. de Maré nas illas da Lealdade. As illas da Lealdade son parte do maior arquipélago de Nova Caledonia.

A illa ten 6 km. de longo e 2 km. de ancho. O punto máis alto é de 76 m. sobre o nivel do mar. Alberga unha soa tribo no noroeste e súa poboación é de 150 habitantes.

A súa forma redondeada deu lugar a unha lenda, que se transmite por tradición oral. Di que unha rata, perseguida polos habitantes da illa de Lifou, correu ata unha roca chamada "taetawanod". Chorou e chorou, ata que unha tartaruga comprometeuse a levala nas costas ata Maré. Pero a tartaruga decidiu interromper a súa viaxe no medio da viaxe, e así apareceu Tiga.