Tiare Aguilera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTiare Aguilera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Tiare Maeva Carolina Aguilera Hey Editar o valor em Wikidata
Illa de Pascua, Chile Editar o valor em Wikidata
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo rapanui Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua rapanui Editar o valor em Wikidata

Tiare Maeva Carolina Aguilera Hey, nada en Rapa Nui o 13 de febreiro de 1982,[1] é unha avogada e política chilena de etnia rapanui. En maio de 2021 foi elixida para representar ao pobo rapanui na Convención Constitucional de Chile.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiare Aguilera naceu e criouse na illa de Rapa Nui,[3] comunmente coñecida en galego como Illa de Pascua.

Estudou na Universidade Nacional Andrés Bello, onde se licenciou en Dereito.[4] Máis tarde, asistiu á Universidade de Wuhan, onde recibiu un mestrado en dereito público internacional. Aguilera explicou que a súa decisión de estudar na China no canto de Chile débese á súa orixe rapanui, afirmando que «a mirada occidental ignora a mirada oriental e nós como rapanui estamos máis preto do leste».[5] Ademais de en Rapa Nui, Chile continental e a China, viviu en España,[3] Nova Zelandia e Hawai.[6]

Despois de regresar a Rapa Nui en 2013, Aguilera converteuse en asesora da Comisión de Desenvolvemento da Illa de Pascua, un organismo indíxena de toma de decisións.[7] No ano 2016, involucrouse na política local, organizando eventos políticos para a gobernadora Melania Hotu.[8] Durante a súa carreira xurídica especializouse en dereito urbanístico.[9]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Logo dunha primaria disputada, Aguilera foi elixida como a candidata de Rapa Nui para un escano reservado na Convención Constitucional de Chile, e logo foi elixida formalmente para o cargo.[2][6] Os comentaristas políticos especularon que podería ser un voto decisivo clave no organismo logo de certos reportes que especulaban que a coalición de centrodereita Chile Imos estaba a buscar o seu apoio para certas medidas lexislativas.[4]

Un experimento en dereito comparado, Aguilera manifestou a súa demanda de que a nova constitución respecte os termos e condicións do tratado de anexión de 1888 entre Chile e Rapa Nui.[10] Aguilera identificou a preservación da lingua rapanui como un tema que propón defender na Convención Constitucional. Expresou a súa preocupación de que a lingua estea en perigo de extinción.[10]

Aguilera favorece o estabelecemento dun estado plurinacional en Chile en interese da determinación dos indíxenas chilenos.[4] Argumentou a prol de formar unha alianza entre políticos indíxenas na Convención Constitucional.[11] Defensora da descentralización,[12] Aguilera argumentou a favor da autonomía indíxena desde unha perspectiva ambiental, afirmando:[13]

A nova constitución debe pensar nos territorios como ecosistemas. A illa xa é un territorio pequeno, limitado, pero a relación que teñen os polinesios co mar é diferente e imos contribuír a iso.

En política económica, Aguilera favorece unha maior intervención estatal e a creación dun xeneroso estado de benestar en Chile. Sostivo que as disparidades na calidade da infraestrutura e a atención médica entre Chile continental e Rapa Nui significaban que o goberno debería ter "un papel moito máis participativo" nos asuntos económicos.[14] Durante a súa campaña, apoiou a consagración do dereito á vivenda e o dereito á auga na nova constitución.[15]

Na política local, Aguilera eloxiou os esforzos para expandir o sistema de recolección de auga de choiva de Rapa Nui, e sinalou que esas iniciativas son necesarias dada a diminución da subministración de auga na illa.[16] Salientou a necesidade de protexer os parques mariños presentes neste territiorio.[17]

Produto da ampliación da mesa directiva da Convención Constitucional con 7 novas vicepresidencias, obtivo unha de devanditas cotas o 28 de xullo.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tiare Maeva Carolina Aguilera Hey". Chile Constituyente (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Salazar, Ricardo. "Tiare Aguilera Hey logró la primera mayoría en las convencionales del pueblo Rapa Nui". RVL, la radio de la Universidad de Valparaíso. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 ADN. "Candidata a la Convención Constituyente por el pueblo Rapa Nui: "Espero estar en todo el debate de la Constitución"". ADN (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Serie especial: Nuevos rostros en la constituyente. Tiare Aguilera, un voto clave que busca Chile Vamos para impedir que le pasen la "aplanadora" | Ex-Ante". www.ex-ante.cl (en castelán). 2021-06-03. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  5. Mayorga, Francisca (28 de maio de 2021). "De Rapa Nui, pasando por Wuhan, a la Convención: Tiare Aguilera, la constituyente que busca el reconocimiento de su pueblo". La Tercera. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 S.A.P, El Mercurio (4 de xaneiro de 2021). "Primarias constituyentes en Rapa Nui: Criterio de paridad favoreció al candidato hombre | Emol.com". Emol (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  7. Milesi, Orlando (12 de febreiro de 2019). "Rapa Nui afronta amenazas climáticas para sus recursos y sus moai". IPS Agencia de Noticias (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  8. "PRIMER CICLO DE CONFERENCIAS DE ASUNTOS DE LA POLINESIA EN RAPA NUI / CHILE.". Montray Kréyol (en francés). 7 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  9. "Rapa Nui’s Stone Statues and Marine Resources Face Threats from Climate Change". Inter Press Service. 14 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  10. 10,0 10,1 Chile, C. N. N. "Tiare Aguilera Hey, la abogada que busca representar al pueblo Rapa Nui en la Constituyente". CNN Chile (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  11. Cooperativa.cl. "Tiare Aguilera, constituyente rapanui: Lo ideal es actuar como bloque indígena". Cooperativa.cl (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  12. "Tiare Aguilera, constituyente por Rapa Nui: "Es importante que las políticas tengan pertinencia con las distintas características de los territorios" « Diario y Radio U Chile" (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  13. "Tiare Aguilera Hey y Agustín Squella dialogan sobre los desafíos de Rapa Nui". G5noticias (en castelán). 26 de marzo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  14. S.A.P (27 de maio de 2021). "Tiare Aguilera, convencional Rapa Nui: "Espero que los pueblos originarios no seamos un apéndice del proceso constituyente" | Emol.com". El Mercurio (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  15. "Qué proponen los candidatos de Rapa Nui en la nueva Constitución". pauta (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  16. "Local School Is a Model for Energy and Water in Rapa Nui". Inter Press Service. 22 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  17. Castillo, Francisca (4 de maio de 2021). "Tiare Aguilera Hey, candidata a constituyente Rapa Nui: "Tenemos un problema de conectividad serio a nivel insular (...) dependemos de muchas cosas del continente"". El Mostrador. 
  18. @lanetacl (28 de xullo de 2021). "*Rodrigo Rojas D13 - Lista del Pueblo *Isabel Godoy - Colla *Elisa Giustinianovich D28 - Mov. Sociales *Rodrigo Álvarez D28 - UDI *Tiare Aguilera - Rapa Nui *Pedro Muñoz D24 - Colectivo Socialista / PS *Lorena Céspedes D23 - Ind. No Neutrales" (Chío) – vía Twitter.