Melania Hotu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melania Hotu
Carolina Hotu Hey, gobernadora de la provincia Isla de Pascua.png
Gobernadora provincial da Illa de Pascua
Período11 de marzo de 200616 de marzo de 2010
AntecesorEnrique Pakarati Ika
SucesorPedro Edmunds Paoa
Gobernadora provincial da Illa de Pascua
Período9 de setembro de 2015-
AntecesorMarta Hotus Tuki
SucesorNo cargo
Datos persoais
Nacemento8 de febreiro de 1959
 Illa de Pascua
OrganizaciónPartido Demócrata Cristiano
editar datos en Wikidata ]

Melania Carolina Hotu Hey, nada o 8 de febreiro de 1959, é unha política rapanui. É a gobernadora provincial da Illa de Pascua (coñecida localmente como Rapa Nui), na polinesia chilena, no primeiro e segundo goberno de Michelle Bachelet.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Foi nomeada gobernadora o 11 de marzo de 2006 pola presidenta de Chile Michelle Bachelet, como parte da iniciativa da mandataria para incrementar a representación feminina en posicións gobernamentais. Antes de comezar o seu mandato como gobernadora (suerekao), Hotu dirixiu un programa para a xuventude rapanui.[1][2]

Enfrontouse a diversos problemas durante o seu goberno, incluíndo a inmigración chilena,[3] perda da cultura indíxena,[4] e a reforma política dirixida a achegar unha maior autonomía.[5] Foi sucedida en 2010 por Pedro Edmunds.

En setembro de 2015 foi nomeada de novo gobernadora da Illa de Pascua, no segundo goberno de Bachelet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cahoon, B. "Chile". worldstatesmen.org. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  2. "Chile Local Leaders". guide2womenleaders.com. 18 de marzo de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  3. Porteous, C. (8 de agosto de 2005). "Chile considers limiting Easter Is immigration". abc.net.au. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  4. "Easter Island fears loss of culture". abc.net.au. 2 de abril de 2005. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  5. Gonschor, L. (Spring 2010). "Polynesia in Review: Issues and Events, 1 July 2008 to 30 June 2009". The Contemporary Pacific 22 (1): 184–190. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2017.