Thurston Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thurston Harris
Data nacemento11 de xullo de 1931
Nado enIndianapolis
Falecemento14 de abril de 1990
 Pomona
Causainfarto agudo de miocardio
Ocupaciónmúsico e cantante
Na rede
Last fm: Thurston+Harris Musicbrainz: 8199b847-a85c-4df3-a8be-505970725aa4 Discogs: 487986 Allmusic: mn0000596364 Genius: Thurston-harris Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thurston Harris, nado en Indianapolis o 11 de xullo de 1931 e finado en Pomona o 4 de abril de 1990, foi un cantante e compositor estadounidense, coñecido polo seu éxito «Little Bitty Pretty One», de 1957.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A primeira gravación de Harris data de 1953. Era o vocalista de The Lamplighters, unha banda de R&B de South Los Angeles, na rexión do condado homónimo.[1] A banda cambiou varias veces de nome, de The Tenderfoots a The Sharps.[2]

En 1957 Harris asinou un contrato en solitario con Aladdin Records. A súa banda apoiouno no lanzamento de «Little Bitty Pretty One», unha versión do tema de Bobby Day.[3][2] Chegou ao posto 6 dos US Billboard Hot 100. O sinxelo logrou o disco de ouro, con máis dun millón de copias.[1] The Sharps pasou a denominarse The Rivingtons e conseguiu a fama co sinxelo «Papa-Oom-Mow-Mow».

«Little Bitty Pretty One» foi publicado con etiquetas en tres cores diferentes, violeta, azul e granate, algo pouco común no momento. A canción aparece nas bandas sonoras de filmes ou series televisivas, como Telling Lies in America, Matilda, Lipstick on Your Collar e Christine.

Harris tivo un segundo e último éxito en 1958, "Do What You Did", que entrou no Top 20. Outra canción moi coñecida del é "Runk Bunk", gravada en 1959 (Aladdin 3452). Harris tamén gravou en Cub, Dot, Imperial, Intro, Reprise e United Artists.

Morte[editar | editar a fonte]

Harris morreu dun ataque de corazón mentres durmía o 14 de abril de 1990.[4]

Versións[editar | editar a fonte]

  • Unha das primeira gravacións do inglés Adam Faith foi unha versión de «Runk Bunk».[5]
  • O maior éxito en solitario do estadounidense Frankie Lymon foi unha versión de «Little Bitty Pretty One», que acadou o posto 58 da US Billboard R&B chart en 1960.
  • The Dave Clark 5 acadou o número 24 na UK Singles Chart coa súa versión de «Little Bitty Pretty One» en 1965.[6]
  • The Jackson 5 versionou «Little Bitty Pretty One» no seu álbum Lookin' Through the Windows, de 1972.[7]
  • O galés Shakin' Stevens versionou «Do What You Did» no seu álbum Take One de 1980.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Thurston Harris Songs, Albums, Reviews, Bio & More". All Music (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Rivingtons". Soulfulkindamusic.net. Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  3. Murrells, Joseph (1978). The book of golden discs (en inglés) (2ª ed.). Londres: Barrie & Jenkins. p. 92. ISBN 9780214204807. 
  4. Sahagun, Louis (15 de abril de 1990). "Thurston Harris; Singer of ‘Over and Over’". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  5. Rice, Jonathan (1982). The Guinness book of 500 number one hits (en inglés). Guinness Superlatives. p. 46. ISBN 9780851122502. 
  6. Roberts, David (2006). British Hit Singles and Albums (en inglés). Guinness World Records. pp. 108–109. ISBN 9781904994107. 
  7. Planer, Lindsay. "The Jackson 5 - Lookin' Through the Windows Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  8. Thompson, Dave. "Shakin' Stevens - Take One Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]