Thomas Jeier
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1947 (77 anos) Minden, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Frankfurt Múnic |
Ocupación | escritor, biógrafo, xornalista musical, locutor de radio, historiador, escritor de literatura infantil |
Pseudónimo literario | Mark L. Thomas Mark L. Wood Sheriff Ben |
Premios | |
|
Thomas Jeier, nado en Minden en 1947, é un escritor alemán de literatura xuvenil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afeccionado a escribir desde moi novo e ao acabar os seus estudos comezou unha carreira como escritor por libre. Unha das súas primeiras obras sobre a febre do ouro en Alasca foi galardoada co premio Friedrich Gerstäcker. A maioría das súas novelas transcorren en Norteamérica e tratan sobre a vida dos indios, tamén publicou libros de viaxe en solitario ou co fotógrafo Christian Heeb. A partir de 2002 comezou a escribir novelas de aventuras para adultos co pseudónimo de Christopher Ross. Durante anos presentou na Bayerischen Rundfunk Country Club sobre a música country e escribiu varios libros sobre o country.
Entre a súa obra salienta O apache branco (Der weisse Apache, 1984) traducida ao galego en 1991.