Thomas Gee
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xaneiro de 1815 Dinbych |
| Morte | 28 de setembro de 1898 Dinbych |
| Residencia | Thomas Gee's house (en) |
| Educación | Grove Park School, Wrexham (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Dinbych (1845–1898) |
| Ocupación | ministro, político, xornalista, impresor |
| Empregador | Eyre & Spottiswoode (1836–1838) |
| Profesores | William Collister Jones |
| Alumnos | William Hughes |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Fillos | Sarah Matthews, Thomas Gee |
| Pai | Thomas Gee |
| Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Thomas Gee, nado o 24 de xaneiro de 1815 e finado o 28 de setembro de 1898, foi un predicador nonconformista, xornalista a editor galés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gee naceu en Dinbych. Aos catorce anos entrou na oficina da imprenta do seu pai, pero continuou cos seus estudos de gramática polas tardes. En 1837 marchou a Londres para mellorar os seus coñecementos sobre impresión, e cando volveu a Gales un ano máis tarde, lanzouse na súa obra literaria, educativa e relixiosa, e a partir de 1845 fíxose cargo da empresa familiar converténdoa nunha auténtica editorial, Gwasg Gee. Entre as súas publicacións estaban a famosa revista trimestral Y Traethodydd ("O ensaísta"), Y Gwyddoniadur Cymreig ("Encyclopaedia Cambrensis"), e Dr. Silvan Evans; English-Welsh Dictionary (1868), pero o seu meirande logro neste ámbito foi a revista Baner Cymru ("A bandeira de Gales"), fundada en 1857 e fusionada con Yr Amserau ("Os tempos") dous anos máis tarde so o nome de Baner ac Amserau Cymru.
Esta publicación pronto foi vista como unha especie de oráculo en Gales, e desempeñou un gran papel na promoción do movemento nacionalista e de home rule no país. En cuestións educativas emprendeu unha loita longa exitosa a favor de escolas non confesionais e do establecemento dun sistema escolar intermedio. Avogou entusiasticamente pola separación Igrexa-Estado, e tivo un memorábel duelo xornalístico co Doutor John Owen sobre este asunto. A Eisteddfod atopou nel un amigo coidadoso e un sabio conselleiro. A autoridade da súa presenza, mestría na dicción e voz resoante fixeron del un efectivo orador. Ordenouse na igrexa metodista calvinista, en Bala en 1847, e entregou o seu tempo e o seu talento xenerosamente á Escola Dominical e ao Movemento pola Temperanza. Ao longo da súa vida creu máis no ministerio gratuíto itinerante que no fixo. Cando morreu en 1898, o seu funeral foi o máis impoñente que se vira nunca no norte de Gales.
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
