Gwasg Gee
Gwasg Gee | |||
---|---|---|---|
Tipo | editorial e gráfica (pt) ![]() ![]() | ||
Parte de | book trade in Wales (en) ![]() ![]() | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | T. Gee & Son (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1808 ![]() | ||
Localización | |||
País | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ![]() | ||
Sede | Gwasg Gee Printing Works (en) ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Gwasg Gee foi unha editorial galesa que tivo a súa orixe na imprenta de Thomas Gee na vila de Denbigh e á que o seu fillo Thomas Gee converteu nunha auténtica editorial. Durante dous séculos foi unha das maiores editoriais en lingua galesa. Pechou no ano 2001.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1808 o reverendo Thomas Jones establecera unha imprenta en Ruthin que mercou Gee en 1813 e trasladou a Denbigh[1]. Tras facerse cargo do negocio familiar Thomas Gee fillo en 1845[2] comezou a editar o periódico literario trimestral Y Traethodydd que se sumou ao que xa viña publicando desde 1843 Y Faner e que fixeron coñecida á casa editora. En 1854 comezou a publicación de Y Gwyddoniadur Cymreig enciclopedia en dez volumes que se completou en 1879. Tras a morte de Gee a empresa pertenceu aos seus herdeiros ata 1914 e en 1935[3] mercouna o esposo da escritora Kate Roberts e tras a morte deste foi Roberts quen se fixo cargo da editorial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gee Printing Company Records. National Library of Wales". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2015.
- ↑ Gee, Thomas en Dictionary of Welsh Biography
- ↑ "Kate Roberts en Maes y Gad i Les y Wlad". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2015.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |