Thema de Samos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os themata bizantinos de Asia Menor.

O thema de Samos (grego: θέμα Σάμου , théma Sámu) foi un thema (provincia civil-militar bizantina), localizado na beira oriental do mar Exeo. Foi establecido a finais do século IX como un dos tres themas navais (en grego θέματα ναυτικᾶ) que organizaban os barcos e tropas da mariña bizantina.

Orixes[editar | editar a fonte]

As datas de establecemento do thema son incertas, con diferentes autores propondo datas desde o século VII ao IX. Despois da división da mariña Karabisianoi a principio do século VIII, establecéronse frotas rexionais co thema naval de Cibyrrhaeota como o primeiro e máis importante.[1] No século X, o emperador bizantino Constantino VII Porfiroxéneta rexistrou que "cando o Imperio foi dividido en themas", Samos foi a sede do "thema dos mariñeiros" (en grego: θέμα τῶν πλοϊζομένων). O significado desta afirmación é incerto.[2] O historiador Warren Treadgold interprétao como que Samos foi a sede da frota Karabisianoi até o seu final en c. 727.[3] Outros, que era parte do sistema Karabisianoi e foi abolido con el ou seguido dalgún breve sucesor similar ao Cibyrrhaeotis. A existencia dun "strategos de Samos" no século VIII é testemuñada a través dun selo sobrevivente dun strategos chamado Teodoro.[2]

A finais do século VIII, o sur do Exeo parece caer baixo a xurisdición do "drungario do Dodecaneso"[4][5] a quen algúns académicos (seguindo o criterio de Hélène Ahrweiler) identifican co cargo de "drungarios de Cos" e o subseguinte "drungarios do Golfo (Kolpos)" do Taktikon Uspensky de mediados do século IX. O cargo, ou polo menos a parte oriental do seu territorio, aparentemente evolucionou ao thema de Samos.[6][7]

Historia[editar | editar a fonte]

O thema de Samos, co seu strategos, é documentado por primeira vez por Filoteo no seu Kletorologion de 899. Incluía as illas orientais do Exeo, así como a costa occidental de Asia Menor entre Adramitio e Éfeso (tamén chamado Theologos nesa época). A capital do thema era Smyrna, con turmarkhai subordinados (vicealmirantes) en Adramitio e Éfeso.[8][9]

En 911, as forzas do thema naval de Samos sumaban 3.980 remeiros e 600 infantes de mariña nunha frota de 22 navíos[8][10]. A porción terrestre do thema, aínda así, é tamén explicitamente mencionada como parte do thema tracesiano, que tiña un turmarkhes específico a cargo da defensa costeira. Isto, xunto coa ausencia de oficiais civís nos documentos parece indicar unha división de tarefas: o strategos de Samos e os seus oficiais eran responsábeis dos barcos e tripulacións da frota do thema así como de defender as illas, mentres a costa, coas súas cidades e poboación, quedaban baixo o control do strategos tracesiano e os seus oficiais, que asumían o control dos seus impostos e defensa.[11][12] Samos parece ter así unha función puramente militar até o século XI tardío, cando a súa frota foi disolta e o thema reconvertido nun thema regular cos seus propios funcionarios civís.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nesbitt & Oikonomides 1994, p. 110.
  2. 2,0 2,1 Nesbitt & Oikonomides 1994, pp. 110, 134.
  3. Treadgold 1995, pp. 27, 73.
  4. Dodekanesos era usado en época bizantina para referirse ás Cícladas, non ao territorio hoxe chamado Dodecaneso.
  5. Ahrweiler et al. 1996, p. 80.
  6. Ahrweiler et al. 1966, p. 79-81, 108.
  7. Nesbitt et al. 1994, p. 110-111, 130.
  8. 8,0 8,1 8,2 Nesbitt et al. 1994, p. 131.
  9. Kazhdan et al. 1991, p. 1836.
  10. Treadgold et al. 1995, p. 67,76.
  11. Ahrweiler et al. 1966, p. 402.
  12. Nesbitt et al. 1994, p. 109,131.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]