Thema de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Thema de Sicilia.

O Thema de Sicilia (en grego: θέμα Σικελίας-Théma Sikelías) era unha provincia bizantina civil-militar (θέμα théma) existente desde finais do século VII até o século X, que abarcaba a illa de Sicilia e a rexión de Calabria na Italia continental. Tras a conquista musulmá de Sicilia, desde 902 o thema quedou limitado a Calabria, pero mantivo o seu nome orixinal até mediados do século X.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a súa reconquista dos ostrogodos por Belisario en 535-536, Sicilia converteuse nunha provincia gobernada por un pretor, mentres que o exército foi posto baixo un dux[1][2]. A presenza dun strategos (gobernador militar) na illa é rexistrado nas fontes árabes entre 687 e 695, e probabelmente sexa nese momento cando a illa se converteu en thema[3].

O thema foi dirixido desde Siracusa, tradicionalmente a principal cidade de Sicilia. Formou parte non só da illa, que foi dividida en distritos chamados turmai, senón tamén do ducado continental de Calabria (grego: δουκᾶτον Καλαυρίας, Doukáto Calavrías). que se estendía aproximadamente até o río Crati[3][4][5]. Ademais, o strategos de Sicilia exerceu certa autoridade —que variou de acordo coa facción política vixente— sobre os ducados autónomos de Nápoles, Gaeta e Amalfi[6].

A conquista musulmá da illa comezou en 826. Tras a caída de Siracusa en 878 e a conquista de Taormina, en 902, o strategos trasladouse a Rhegion, a capital de Calabria. Durante a primeira metade do século X, os bizantinos lanzaron unha serie de expedicións que non acadaron os seus obxectivos para recuperar a illa e mantiveron uns bastións illados preto de Mesina até 965, cando Rametta, o último reduto bizantino, caeu. O cargo de «strategos de Sicilia», foi mantido como título oficial até mediados do século X, cando o rango de «strategos de Calabria» comezou a aparecer nos rexistros[7][8][9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kazhdan 1991, p. 1891.
  2. Nesbitt & Oikonomides 1994, p. 22.
  3. 3,0 3,1 Oikonomides 1972, p. 351.
  4. Nesbitt & Oikonomides 1994.
  5. Pertusi 1952, p. 179.
  6. Brown 2008.
  7. Kazhdan 1991, p. 1892.
  8. Oikonomides 1972.
  9. Pertusi 1952.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]