Coñécense, segundo algúns autoires, unhas 1 300 especies descritas. Porén, o SIIT reduce o número de especies a 402 descritas, das que só 239 están aprobadas.[2]
Caracterízanse pola presenza de órganos celosía, uns órganos quimiorreceptores da cutícula, exclusivos destes animais. Ademais, o estadio larval final posúe anténulas prénsiles que usan para a localización do substrato e fixación no mesmo, para desenvolver o estadio adulto, que é sésil.
O termo do latín científico Thecostraca fórmase cos elementos do latínthec- (derivado do grego antigo θήκη théke, caixa) e -ostraca (adaptación do grego -οστρακα -ostraka, plural neutro de -οστρακος -ostrakos, de όστρακον óstrakon, cuncha).
A adaptación normal do termo ao galego é tecóstracos, proparoxítona (esdrúxula) debido á cantidade do a latino da sílaba -tra- (breve). Algúns adáptana como tecostráceos, como se fai en castelán (tecostráceos) e en catalán (tecostraci), por influencia de crustáceos.
↑Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea(PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp.132 pp. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2013.