Eddie Cochran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eddie Cochran
Eddie Cochran2.jpg
Nacemento3 de outubro de 1938
Lugar de nacementoAlbert Lea
Falecemento17 de abril de 1960
Lugar de falecementoBath
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterBell Gardens High School
Ocupaciónguitarrista, cantante, cantautor, compositor, rock musician e artista discográfico
Na rede
http://www.eddie-cochran.info
IMDB: nm0168161 Last fm: Eddie+Cochran Musicbrainz: 17995d1c-5b3c-4ee9-98f5-105ee3b4ada1 Songkick: 468271 Discogs: 139984 Allmusic: mn0000793988 WikiTree: Cochran-5036 Find a Grave: 1570 Deezer: 10850 Genius: Eddie-cochran Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Eddie Cochran en 1957.

Eddie Cochran nado en Albert Lea, Minnesota, o 3 de outubro de 1938 e finado en en Bath, Somerset, Inglaterra, o 17 de abril de 1960, foi un cantante e compositor de rock and roll estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical en 1955 cun estilo predominantemente country, aínda que con algún tema de rockabilly. Seguindo a estela do éxito de cantantes brancos con acentos negros como Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis acadou en 1958 o importante éxito Summertime Blues, número 8 do Billboard que inaugurou un estilo de rock and roll de guitarra metálica e voz aguda e rachada. Outras cancións como C´mon Everybody ou Something´Else con menos éxito comportaron tamén unha grande influencia posterior na historia do rock.

O seu único álbum en vida foi Singin' to My Baby lanzado por Liberty Records. Apareceu en tres filmes.

Cando realizaba unha xira polo Reino Unido, faleceu nun accidente de automóbil aos 21 anos de idade.