The Walking Dead (cómic)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Walking Dead (en galego, Os mortos viventes) é unha serie de historietas estadounidense de periodicidade mensual escrita por Robert Kirkman[1] e primeiramente debuxada por Tony Moore, e logo por Charlie Adlar a partir do sétimo número.[2] The Walking Dead conta as peripecias dun grupo de persoas tratando de sobrevivir tras unha apocalipse zombi.

Realizada en branco e negro, e grises, excepto as portadas, que son a cor, foi publicada orixinalmente en Estados Unidos por Image Comics desde o ano 2003, e en España por Planeta DeAgostini Comics desde xuño de 2005. No 2010 foi obxecto dunha adaptación televisiva.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]