Saltar ao contido

The Velvet Underground & Nico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Velvet Underground & Nico
Álbum de The Velvet Underground e Nico
Publicado12 de marzo de 1967
Gravaciónabril, maio e novembro de 1966
Estudio(s)Scepter Studios e Mayfair Studios en Nova York, T.T.G. Studios en Hollywood, California
Duración48:51
Xénero(s)rock, art rock, rock experimental, rock psicodélico, protopunk, música de vangarda
Selo(s)Verve Records
ProdutorAndy Warhol; Tom Wilson
Cronoloxía
- The Velvet Underground & Nico White Light/White Heat
Na rede
Discogs: 35276 Allmusic: mw0001955423 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Velvet Underground & Nico é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock The Velvet Underground e coa colaboración nas voces de Nico. Foi orixinalmente editado o día 12 de marzo de 1967 a través do selo Verve Records. Gravado en 1966 durante a xira multimedia de Andy Warhol "Exploding Plastic Inevitable", The Velvet Underground & Nico gañaría notoriedade polo seu carácter experimental, ademais de polo enfoque das controvertidas temáticas expresadas en moitas das cancións,como o abuso das drogas, a prostitución, sadismo e masoquismo e desviación sexual.

Aínda que foi un fracaso comercial tras a súa publicación, o disco dende entón converteuse nun dos álbums máis influentes e aclamados da historia do rock, aparecendo no número trece da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos",[1] ademais de ser engadido ao National Recording Registry da Biblioteca do Congreso estadounidense.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Lou Reed agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Sunday Morning"  Reed, Cale 2:54
2. "I'm Waiting for the Man"    4:39
3. "Femme Fatale"    2:38
4. "Venus in Furs"    5:12
5. "Run Run Run"    4:22
6. "All Tomorrow's Parties"    6:00
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
7. "Heroin"    7:12
8. "There She Goes Again"    2:41
9. "I'll Be Your Mirror"    2:14
10. "The Black Angel's Death Song"  Reed, Cale 3:11
11. "European Son"  Reed, Cale, Morrison, Tucker 7:46