Saltar ao contido

The Secret of Monkey Island

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Secret of Monkey Island
Logotipo
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Modo de xogo
 Obra derivada
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Director/a artístico/a
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF310684627 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kxy_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Clasificación
PEGI
USK
IMDB: tt0244783 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Secret Of Monkey Island é un videoxogo de aventura gráfica realizada por LucasFilm Games en 1990[1] onde se parodian historias de piratas, creando un mundo de humor que revolucionou o xénero. O seu éxito provocou que se realizasen tres secuelas máis. Monkey Island 2: LeChuck's Revenge, The Curse of Monkey Island e Escape from Monkey Island.

The secret of Monkey island foi o quinto xogo en usar a tecnoloxía SCUMM (tras Maniac Mansion, Zak McKracken, Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure e Loom), un potente (para a época) motor para aventuras gráficas, baseado nunha linguaxe script propio e desenvolvido para a primeira aventura: Maniac Mansion. Orixinalmente, consistía en catro disquetes de baixa densidade, con gráficos EGA (16 cores), pero subseguintes melloras no SCUMM deron lugar a versións con gráficos VGA (256 cores) e, finalmente, en CD-ROM con melloras de son.

Argumento

[editar | editar a fonte]

No profundo do Caribe atópase Mêlée Island e un novo aventureiro, chamado Guybrush Threepwood, que vai facer todo para ser un pirata recoñecido. Non sabe que namorará da gobernadora da illa, Elaine Marley, e que lle traerá problemas, levándoo así a Monkey Island onde terá que lidar con perigos repentinos e cuns caníbales para logo atoparse co malvado pirata LeChuck e a súa fantasmal tripulación que ten secuestrada á Gobernadora...

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]

LucasArts perfecciona neste xogo o sistema creado nos seus anteriores títulos Maniac Mansion ou Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure, o motor SCUMM que crea a esencia das aventuras gráficas point-and-click.

Impacto social

[editar | editar a fonte]

A saga de Monkey Island dispón de fans acérrimos, o cal levou a crear unha obra teatral ou grupos que reproducen a súa melodía nos seus concertos.

O creador desta saga, Ron Gilbert, levantou certa polémica ao asegurar que a película Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra e as súas secuelas estaban máis que baseadas na trama e ambientación conseguida nos xogos da saga de Monkey Island.

  1. "20th Anniversary". LucasArts Entertainment Company LLC. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2006 vía Internet Archive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]