The Rasmus
The Rasmus | |
---|---|
![]() A banda en 2009 | |
Orixe | Helsinqui, ![]() |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | rock, rock alternativo, hard rock, metal alternativo, rock gótico, rock sinfónico, pop rock, soft rock, funk-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Playground Music, DRTInterscope (EEUU), Motor Music (Alemaña), Universal (Finlandia) |
Membros | Lauri Ylönen Eero Heinonen Aki Hakala Emilia "Emppu" Suhonen |
Antigos membros | Jarno Lahti Janne Heiskanen Pauli Rantasalmi |
Na rede | |
therasmus.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Rasmus é unha banda finesa de rock formada en 1994 en Helsinqui mentres os seus membros estaban na escola secundaria.[1] Os membros orixinais eran Lauri Ylönen (vocalista principal e compositor), Eero Heinonen (baixo), Pauli Rantasalmi (guitarra) e Jarno Lahti (batería). Jarno Lahti deixou o grupo o ano seguinte e foi substituído por Janne Heiskanen. Heiskanen marchou en 1998 e foi substiuído pouco despois por Aki Hakala. Pauli Rantasalmi deixou The Rasmus e foi substituído por Emilia "Emppu" Suhonen en 2022. O grupo é coñecido sobre todo polo seu sinxelo de 2003 "In the Shadows", leva vendido uns 5 millóns de álbums en todo o mundo (uns 350 000 só en Finlandia), e gañou numerosos premios nacionais e internacionais. The Rasmus representou a Finlandia no festival de Eurovisión de 2022 coa canción "Jezebel".[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Peep | 1996 | Warner Music Finland |
Playboys | 1997 | Warner Music Finland |
Hell of a Tester | 1998 | Warner Music Finland |
Into | 2001 | Playground Music/DRT Entertainment |
Dead Letters | 2003 | Playground Music |
Hide from the Sun | 2005 | Playground Music |
Black Roses | 2008 | Playground Music |
The Rasmus | 2012 | Universal Music |
Dark Matters | 2017 | Playground Music |
Rise | 2022 | Playground Music |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "History". web.archive.org. 2016-03-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2022-10-30.
- ↑ "The Rasmus - Jezebel - Finland 🇫🇮 - Official Music Video - Eurovision 2022". Consultado o 2022-10-30.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Grupos musicais de Finlandia
- Grupos musicais de rock alternativo
- Grupos musicais de hard rock
- Grupos musicais de metal alternativo
- Grupos musicais de rock gótico
- Grupos musicais de rock sinfónico
- Grupos musicais de pop rock
- Grupos musicais de soft rock
- Grupos musicais de funk-rock
- Grupos musicais formados en 1994