The Help

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Help
Autor/aKathryn Stockett
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialPenguin Books
Data de pub.2009
editar datos en Wikidata ]

The Help é unha novela da escritora norteamericana Kathryn Stockett, publicada en 2009. Trata da vida de empregadas domésticas afroamericanas que traballan en casas de brancos en Jackson (Mississippi) a comezos da década de 1960, aínda que sen ser un libro histórico.

A novela é a primeira de Stockett. A escritora tardou cinco anos en finalizar o libro, que foi rexeitada por polo menos 45 axentes literarios.[1] Foi escrito por Kathryn como homenaxe a Demetrie, a empregada negra que a coidou de nena.[2] The Help foi publicada en 35 países,[3] e en xeral ten recibido críticas favorábeis.[4][5][6][7]

Trama[editar | editar a fonte]

A novela comeza narrada en primeira persoa por tres mulleres: Aibileen, Minny e Skeeter. Aibileen é unha criada afroamericana que limpa casas e coida os nenos de varias familias de brancos. O seu primeiro traballo desde que o seu fillo de 24 anos, Treelore, morrese nun accidente laboral é atender o fogar dos Leefolt e coidar da súa filla pequena, Mae Mobley. Minny é a amiga de Aibileen que frecuentemente conta aos seus xefes o que pensa deles, polo que foi despedida de dezanove traballos. A xefa máis recente de Minny era Mrs. Walters, nai de Hilly Holbrook. Hilly é a líder social da comunidade e cabeza da Junior League.

Eugenia "Skeeter" Phelan é a filla dunha prominente familia de brancos cuxa granxa de algodón dá emprego a moitos afroamericanos nos campos, e tamén no fogar. Skeeter acaba de terminar a universidade e volve a casa co soño de converterse nunha escritora. O soño da súa nai é que Skeeter case. Skeeter frecuentemente pregúntase pola desaparición de Constantine, a criada que a viu crecer. Esta estivera escribindo a Skeeter mentres estaba na universidade e na súa última carta prometíalle unha sorpresa cando volvese. A familia de Skeeter cóntalle que Constantine dimitiu e que fora vivir cos seus parentes a Chicago. Skeeter non cre que Constantine os deixase e intenta descubrir o que pasou, mais ninguén quere falar do tema.

A vida que levaba Constantine mentres axudaba á familia Phelan leva a Skeeter a decatarse de que ás súas amigas criadas non son tratadas como as empregadas brancas. Decide (coa axuda dunha editorial) que quere revelar a verdade sobre ser unha criada de cor en Mississippi. Skeeter empeza a comunicarse coas criadas e a gañar a súa confianza. Os perigos de escribir un libro sobre afroamericanos no Sur a comezos da década de 1960 penden sobre as tres mulleres.

Adaptación cinematográfica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: The Help (filme).

En decembro de 2009, a Variety informaba de que Chris Columbus, Michael Barnathan e Michael Radcliffe producirían unha película de The Help.[8] O 13 de outubro de 2010, a DreamWorks divulgaba a previsión da data de estrea do filme: 12 de agosto de 2011.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The maid's tale: Kathryn Stockett examines slavery and racism in America's Deep South". The Telegraph. 16-07-2009. Consultado o 4-11-2011. 
  2. Boscov, Isabela (24-11-2010). "Cansei, madame". Veja (en portugués) (2192). Arquivado dende o orixinal o 31-12-2012. Consultado o 4-11-2011. 
  3. "With book sales still strong, 'The Help' will begin filming". The Christian Science Monitor. 14-05-2010. Consultado o 4-11-2011. 
  4. "Racial Insults and Quiet Bravery in 1960s Mississippi". The New York Times. 18-02-2009. Consultado o 4-01-2011. 
  5. "Segregation tale describes bond of women". Atlanta Journal-Constitution. 01-02-2009. Arquivado dende o orixinal o 10-05-2010. Consultado o 4-11-2011. 
  6. "Kathryn Stockett's 'The Help' is the hot book this summer". USA Today. 31-07-2009. Consultado o 4-11-2011. 
  7. "LA Times bestsellers: Books hit the beach". Los Angeles Times. 27-05-2010. Consultado o 4-11-2011. 
  8. "Chris Columbus fast-tracks 'Help'". Variety. 15-12-2009. Arquivado dende o orixinal o 17-01-2012. Consultado o 4-11-2011. 
  9. "DreamWorks Sets New 2011 Dates". ComingSoon.net. 13-10-2010. Arquivado dende o orixinal o 29-11-2011. Consultado o 4-11-2011.