The Fatal Conceit: The Errors of Socialism

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Fatal Conceit: The Errors of Socialism (a arrogancia fatal: os erros do socialismo), é a derradeira publicación (1988) do economista e pensador Friedrich Hayek (1899 - 1992). Nela, propón unha explicación do desenvolvemento da sociedade, a economía e o dereito. Hayek argumenta como os intentos racionais por promover valores, ideais e prezos non teñen en conta os procesos históricos, o que chama Hayek "a fatal arrogancia" da planificación.

Pese a ser un economista liberal, Hayek apártase da acción racional para explicar as súas teorías, o que motivou fortes críticas doutros autores. Hayek tamén se apoia en Nietzsche para caricaturiza-lo socialismo. Di que ten a súa orixe na compaixón cristiá de axudar ós desvalidos. Moitos autores criticaron esta visión sociolóxica de Hayek do home o que fai desta obra que teña moita menos importancia que as súas teorías económicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Hayek, F. A. (1990), The Fatal Conceit: The Errors of Socialism, London: Routledge
  • Hoppe, H-H.: "F. A. Hayek on Government and Social Evolution", en The Review of Austrian Economics.- 7(1): 1994.- pp. 67-93. ISSN 0889-3047
  • Enciclopedia e biblioteca virtual de Economía