The Famous Grouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Famous Grouse (a perdiz famosa) é unha marca de whisky whisky escocés das máis coñecidas e comúns nos bares e pubs de Escocia e en todo o mundo.

É o whiskey máis vendido en Escocia e mestura os maltes monovarietais Highland Park e Macallan.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao primeiro foi producida por Matthew Gloag & Son Ltd., que a comezou a vender en 1897. Matthew Gloag era un tendeiro e comerciante de viños de Perth, que mercaba whiskies por toda Escocia e que xa en 1842 tivera que servir o viño nun banquete á raíña Vitoria cando pasou pola súa cidade.

En 1860 herdou a empresa seu fillo William, quen comezou a mesturar whiskies, e en 1896 pasou a firma a mans do neto, tamén chamado Matthew. Foi el quen creou The Grouse Brand, que máis tarde se convertería en The Famous Grouse.

En 1970, xusto despois da morte de Matthew Frederick Gloag, a familia vendeulle a empresa a Highland Distillers. Na actualidade o whisky prodúceo The Edrington Group

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]