The Beatles: Get Back

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Beatles: Get Back
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Beatles: Get Back
DirectorPeter Jackson
Produtor
Intérpretes
Música
MontaxeJabez Olssen
Estudio
DistribuidoraDisney Platform Distribution
Estrea25-27 de novembro de 2021
Duración
  • 157 minutos (parte 1)
  • 173 minutos (parte 2)
  • 138 minutos (parte 3)
  • 468 minutos (total)[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Nova Zelandia Nova Zelandia
XéneroDocumental
Na rede
https://disneyplusoriginals.disney.com/movie/the-beatles-get-back
IMDB: tt9735318 Allocine: 281807 Allocine: 29470 Rottentomatoes: tv/the_beatles_get_back Metacritic: tv/the-beatles-get-back Editar o valor em Wikidata

The Beatles: Get Back é un filme documental de 2021 dirixida e producida por Peter Jackson. O filme recolle a creación do álbum Let It Be (1970) de The Beatles (que tiña o título provisional de Get Back) e baséase en gran parte en imaxes non utilizadas e material de son capturado orixinalmente para o documental de 1970 do álbum realizado por Michael Lindsay-Hogg. O documental ten unha duración total de case oito horas, que consta e tres partes de entre dúas e tres horas, cada unha cubrindo períodos aproximadamente semanais de 21 días de traballo no estudio.

Foi coproducido por Paul McCartney, Ringo Starr, Yoko Ono e Olivia Harrison, e foi presentado por Walt Disney Studios en asociación con Apple Corps e WingNut Films.[2] Estreouse en tres días consecutivos a través de Disney+, sendo o primeiro deles o 25 de novembro de 2021.[3][4] Unha parte del, titulada The Beatles: Get Back – The Rooftop Concert, estreouse nos cinemas IMAX en varias cidades dos Estados Unidos o 20 de xaneiro de 2022.[5] Estreouse internacionalmente entre o 11 e o 13 de febreiro de 2022.[6][7]

Jackson caracterizou a miniserie como "un documental sobre un documental".[4] Get Back recibiu aclamación da crítica pola súa cobertura do proceso creativo do grupo, aínda que os detractores criticaron a duración relativamente longa. Os comentaristas describírono como un desafío ás vellas crenza de que a realización do álbum "Let It Be" estivo marcada enteiramente polas tensións entre os Beatles, mostrando en troques un lado máis optimista da súa produción.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. King, Jack (19 de novembro de 2021). "'The Beatles: Get Back' Runtime Revealed for Peter Jackson Documentary". Collider. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  2. Parker, Ryan (13 de outubro de 2021). "'The Beatles: Get Back' Trailer Dazzles With In-Depth Look at Legendary Band's Final Live Performance". The Hollywood Reporter. Consultado o 26 de novembro de 2021. 
  3. "'The Beatles: Get Back,' a Disney+ Original Documentary Series Directed by Peter Jackson, to Debut Exclusively on Disney+". TheBeatles.com. 17 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2021. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Hagan, Joe (17 de xuño de 2021). "The Beatles: Get Back – An Exclusive Deep Dive Into Peter Jackson's Revelatory New Movie". Vanity Fair. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  5. Dick, Jeremy (30 de xaneiro de 2022). "Peter Jackson's The Beatles Rooftop Concert Doc Screens to Near-Sellout Crowds". Movie Web. 
  6. "The Beatles Get Back: The Rooftop Concert (2022)". The Numbers.com. Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  7. "Legendary Rooftop Concert From Peter Jackson’s Docuseries "The Beatles: Get Back" To Make Theatrical Debut Exclusively In IMAX®". The Beatles.com. 5 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  8. Deloss, John (13 de outubro de 2021). "The Beatles: Get Back Trailer Teases 60 Hours of Unseen BTS Footage". Screen Rant. Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  9. Grelard, Philippe; Randolph, Eric (14 de outubro de 2021). "The Beatles are back with a happier ending". Yahoo! News. Consultado o 14 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]