The Beatles: Eight Days a Week
| The Beatles: Eight Days a Week | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
The Beatles: Eight Days a Week – The Touring Years é un filme documental británico-estadounidense de 2016 dirixido por Ron Howard. Trata sobre a carreira de The Beatles durante os seus anos de xiras internacionais entre 1962 e 1966, dende as súas actuacións no Cavern Club en Liverpool ao seu derradeiro concerto en San Francisco en 1966.
Estreouse nos cinemas do Reino Unido e dos Estados Unidos o 15 de setembro de 2016, e estreouse en Hulu o 17 de setembro de 2016.
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi producido coa colaboración dos Beatles superviventes Paul McCartney, Ringo Starr, xunto con Yoko Ono e Olivia Harrison, viúvas de John Lennon e George Harrison.[1][2] Ademais de dirixir o documental, Ron Howard tamén traballou como produtor xunto a Brian Grazer, Nigel Sinclair e Scott Pascucci.[3] Escrito por Mark Monroe, o filme foi editado por Paul Crowder.[3] Marc Ambrose exerceu como produtor supervisor.
Estrea
[editar | editar a fonte]O proxecto do filme foi anunciado por Hulu o 4 de maio de 2016 como a súa primeira adquisición documental, como parte dunha colección planificada de Hulu Documentary Films.[2] Estreouse nos cinemas o 15 de setembro, antes de estrearse no servizo de streaming o 17 de setembro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HULU announces exclusive US streaming partnership for forthcoming Ron Howard documentary about the The Beatles' touring years". The Beatles. Arquivado dende o orixinal o 8 de maio de 2016. Consultado o 10 de maio de 2016.
- 1 2 Kastrenakes, Jacob (4 de maio de 2016). "Hulu is getting into documentaries, starting with Ron Howard's Beatles film". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2016. Consultado o 16 de maio de 2016.
- 1 2 3 "Watch the Trailer for The Beatles: Eight Days a Week - The Touring Years". The Beatles. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016.