Tewolde-Medhin Gebre-Medhin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tewolde-Medhin Gebre-Medhin
Nacemento1860
Lugar de nacementoAdi Tekelezan
Falecemento1930
Relixiónluteranismo
Ocupacióntradutor e tradutor da Biblia
editar datos en Wikidata ]

Tewolde-Medhin Gebre-Medhin, nado en Adi Tekelezan en 1860 e finado en 1930 foi un pastor luterano, educador e tradutor eritreo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenado diácono da Igrexa Etíope en 1872. Viña dunha familia de catro xeracións de sacerdotes. Pero por mor do contacto coa misión sueca, Tewolde-Medhin, seu pai e seu tío comezaron a cuestionar a situación da súa fe. A partir de 1874 educouse en Gaab nunha escola da Misión Evanxélica Sueca e alí, el e Dawit Amanuel (1862–1944) traballaron xuntos para traducir o Novo Testamento á lingua tigré, non obstante antes de rematar viaxou a Suecia en 1883 para perfeccionar a súa formación na Biblia e nas linguas bíblicas. Volveu a Eritrea en 1887 e continuou a tradución con Amanuel adeamais preparou un libro de ortografía e outro de lectura tigré que se publicaron en 1889. Nese ano a imprenta da Misión publicou o primeiro froito da tradución de Tewolde-Medhin, o Evanxeo de Marcos [1]. A tradución do Novo Testamento finalizou en 1890 e publicouse en 1892[2]. Ordenouno en Asmara en 1909 Adolf Kolmodin converténdose no primeiro evanxélico eritreo en ordenarse no continente. Máis tarde traballou con Karl Winqvist na tradución do Novo Testamento ao tigriña, que se publicou en 1909.

Notas[editar | editar a fonte]