Terramex
Terramex é un videoxogo desenvolvido por Teque Software en 1987, fixéronse versións para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, MSX e ZX Spectrum.
O profesor Renegade predicira tempo atrás que un meteorito xigante viña directo cara a Terra e que el podía facer unha máquina para destruilo, os seus colegas non lle fixeran caso e agora están arrependitos ó comprobar que o meteorito estaba a piques de impactar coa terra. Para atopalo xúntanse cinco grandes exploradores, quen deciden que tan só un deles debe ir ó rescate do profesor e axudalo a construír a máquina. Polo tanto para iniciar o xogo podemos decidir entre un deses cinco exploradores, que ten que ir recollendo obxectos e evitar os seres que habitan os camiños, a principal diferenza entre os exploradores está na tarefa a realizar para conseguir a fórmula que permita a construción da máquina.
Exploradores
[editar | editar a fonte]- Herr Krushe, alemán
- Wu Pong, xaponés
- Fostique-Smithe, inglés
- Henri Beaucoup, francés
- Big John Caine, americano
Perigos
[editar | editar a fonte]- Planta carnívora, o seu contacto é mortal
- Serpes, saltan sobre o explorador e o afogan
- Morcegos, tan só hai que esquivalos
- Pingas de auga
- Charlys, monstros coa cabeza unida ás patas
- Torradoras, móvense en círculos
- Ollos tolos, o seu contacto é mortal agás na pantalla de gravidade